O BNG de Arbo acusa ao alcalde de aprobar o Plan Xeral de Ordenación sen facilitar unha copia da documentación á oposición

30/10/2008 at 14:55 Deixar un comentario

O concello de Arbo celebrou un pleno extraordinario para aprobar o Plan Xeral de Ordenación. Neste último pleno o grupo municipal do BNG pedíu se lle fixese unha copia para analizar toda a documentación. Segundo os nacionalistas o alcalde negouse a dar copias cando o propio interventor fixo constar na sesión plenaria que os partidos da oposición tiñan dereito a copias desta documentación. “Nun acto máis de claro talante antidemocrático o Alcalde arbense negouse a dar copias”.
Dende o BNG aseguran estar fartos de denunciar este tipo de “actos antidemocráticos e de abuso de poder por parte do Alcalde durante moitos anos”.
“Parécenos lamentable que aínda hoxe se dean este tipo de situacións de non garantir os dereitos máis elementais dos cargos electos da Oposición”.
Segundo os nacionalistas no tocante ao Plan Xeral, o goberno municipal  tivo que proceder a unha serie de modificacións para axustar o novo Plan á legalidade vixente en materia urbanística “como por exemplo a construción de vivenda que pasa de 220 vivendas/ano a menos da metade axustándoa a previsión de evolución demográfica e non como quería o Partido Popular arbense, erros na delimitación de núcleos rurais, na clasificación de solo urbano, do solo rústico de especial protección etc; en definitiva, unha redacción feita para defender os intereses urbanísticos duns poucos e non o interese xeral dos veciños e veciñas de Arbo”.
Para o BNG arbense queda “sobradamente demostrado diante da cidadanía que o Alcalde pretendía a construción de vivenda sen control e por puros intereses urbanísticos e que non obedecía a unha demanda real e lóxica para o desenvolvemento racional e harmonioso do noso Concello, que respectase a morfoloxía dos núcleos rurais das parroquias, o solo rústico de especial protección, os bens culturais e o patrimonio histórico”.

Entry filed under: Arbo.

As graveiras presentan aos promotores da PLISAN unha oferta de pago dos recursos mineiros que exploten O PSOE de Salvaterra amosa a súa oposición á subida de taxas municipais que mañá levará ó pleno o Partido Popular

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: