O goberno de Ponteareas pon en funcionamento o novo alumeado no torreiro-igrexa de Arnoso

30/10/2008 at 14:32 Deixar un comentario

O goberno local de Ponteareas, que dirixe o popular Salvador González Solla, puxo  o xoves en funcionamento o novo alumeado no torreiro da parroquia de Arnoso, unha actuación que se completa coa nova iluminación exterior instalada na igrexa parroquial e no cemiterio.
O concello de Ponteareas, a Asociación de Veciños de Arnoso e a Comunidade de Montes desta parroquia executaron as obras de instalación do alumeado, nas que tamén colaborou a Deputación Provincial de Pontevedra. O alcalde da vila, o popular Salvador González Solla, acompañado doutros membros do goberno local, asistiron o xoves, 23 de outubro, á inauguración do novo alumeado, co que se fixo realidade unha vella reivindicación dos veciños desta parroquia ponteareana. No acto tamén estiveron presentes representantes da Asociación de Veciños e da Comunidade de Montes de Arnoso, e demais veciños da parroquia.

O goberno local de Ponteareas lembra que nestes momentos traballa na mellora e no reforzo do alumeado tanto no casco urbano coma en distintas parroquias do municipio. Neste sentido, está mellorando a iluminación e potenciando as medidas de aforro enerxético na vila.

O concello de Ponteareas xa puxo en funcionamento a finais de 2007 o novo alumeado público no torreiro de Xinzo, no que a concellería de Vías e Obras e Alumeado, que dirixe Alberto Novoa, colocou cinco farolas fernandinas de ferro fundido e doble lámpada no torreiro desta parroquia, unha zona especialmente concorrida na que de seguido o concello acondicionará os xardíns e instalará bancos para o uso e disfrute dos veciños da zona.

Entry filed under: Ponteareas.

O concello de Ponteareas reforza o alumeado O concello de Ponteareas inicia a poda das 800 árbores do casco urbano

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: