A Mancomunidade de Montes da Paradanta forma aos seus veciños comuneiros

31/10/2008 at 14:53 Deixar un comentario

O pasado día 25 de outubro, os veciños comuneiros das oito comunidades de montes veciñais en man común, que forman a Mancomunidade de Montes da Paradanta completaron o último dos módulos de formación que programaron para o ano 2008 e que comezaron no mes de setembro. As accións formativas foron financiadas na súa maior parte pola Consellería do Medio Rural, a través dos fondos que destinou para axudas de Programas de Valorización Integral do monte.

As charlas de formación desenvolvéronse nos locais que as comunidades teñen nos pobos de Valeixe, Luneda, A Franqueira, Achas e Parada de Achas, no municipio da Cañiza; e nos da Lamosa, Prado da Canda e Paraños no municipio do Covelo. O contido formativo centrouse en desenvolver en profundidade os aspectos máis importantes que se refiren ao marco legal actual das comunidades de montes, así como as competencias que teñen as xuntas de montes na xestión dos seus terreos.

Fíxose especial incidencia en proporcionar formación sobre a xestión integrada dos aproveitamentos mediante a elaboración e execución dos Plans de Xestión dos Usos do Monte (Plans de Ordenación e Plans Silvopastorales), o réxime fiscal e económico actual dos distintos aproveitamentos e os conceptos básicos necesarios para entender os sistemas de certificación forestal FSC e PEFC.

A Mancomunidade de Montes de Paradanta constituíuse  en outubro do ano 2006, e durante os seus dous anos de vida veu traballando en mellorar a xestión das súas 3.548 Ha. de monte repartidas en 8 comunidades dos municipios da Cañiza e O Covelo, segundo explica o seu presidente César Estévez Pérez.

Entry filed under: A cañiza, Covelo, Crecente.

Os organizadores da Feira do Outono acusan ao alcalde de Ponteareas de impedir a celebración da sexta edición O goberno de Ponteareas pide á Xunta e ao Estado que incorporen aos orzamentos de 2009 partidas concretas para acometer investimentos pendentes na vila

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: