Máis de medio centenar de membros da asociación española de ‘Amigos dos castelos’ de Lugo visitaron o castelo de Salvaterra

31/10/2008 at 14:56 Deixar un comentario

Atraídos polo interese histórico, cultural e turístico das Murallas e os elementos patrimoniais do seu interior como as covas de dona Urraca, máis de medio centenar de ‘Amigos dos castelos’ de Lugo, visitaron Salvaterra e Monçao.

Os visitantes presididos por Carlos Ferreiro González foron recibidos polo alcalde Arturo Grandal e a tenente de alcalde, Marta Valcárcel. Nas mesmas covas de dona Urraca tiveron unha charla a cargo da historiadora Sofía Rodríguez Suárez, autora do libro ‘Historia de Salvaterra de Miño’, que insistíu en que o río Miño nunca foi un elemento de separación senón unha verdadeira “ponte” de unión entre as poboación españolas e as lusas.

Ao termo da charla ofreceron de regalo unha metopa ao concello de Salvaterra que recibíu o alcalde Arturo Grandal e este, a súa vez, ofreceulle un recordo das murallas e da casa do Concello ao persidente Carlos Ferreiro.
Despois os ‘amigos dos castelos’ de Lugo tiveron un xantar de confraternidade nun restaurante de Salvaterra.
Finalmente, remataron cunha visita a vila lusa de Monçao acompañados pola tenente de alcalde, Marta Valcárcel. 

O castelo de Salvaterra tivo grande importancia nas contendas medievais a finais do século XV entre os Sarmiento e os Soutomaior. Pedro Madruga, o soado señor feudal de Soutomaior loitou pola vila de Salvaterra. Esta estivo alternativamente, xa no século XVII, en poder dos hispanos e lusos ata que pasou definitivamente a España 1659.

Entry filed under: Salvaterra.

O concello de Ponteareas celebrou máis de medio cento de vodas civís no que vai de ano Grandal explica que a actualización das taxas é ‘unha simple subida do IPC’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: