O Centro Comarcal Paradanta acollerá o seminario “As claves da política forestal actual”

31/10/2008 at 14:50 Deixar un comentario

A Dirección Xeral de Montes e industrias forestais e mais a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza – dependente da Consellaría do Medio Rural – volven organizar o seminario “As claves da política forestal actual”. Esta actividade, que comezara no mes de xuño nos centros comarcais da Ulloa e do Ribeiro, continúa durante os meses de setembro, outubro e novembro en 11 centros comarcais de todo o país. A través desta iniciativa, Medio Rural pretende concienciar a sociedade galega da importancia dunha xestión integral, racional e sustentable do monte galego, co obxectivo de que sexa máis produtiva a súa explotación e que se reduza o número de incendios forestais.
O vindeiro sete de novembro “As claves da política forestal actual” chegará ao centro comarcal da Paradanta o venres en horario de 10:30 a 14:30.

“As claves da política forestal actual” está conformada por dous bloques temáticos. Na primeira parte explicarase a estruturación do territorio rural, no que destacan dúas ferramentas fundamentais que a Consellaría está a impulsar para frear o abandono das terras e para optimizar o seu aproveitamento, como son o Banco de Terras de Galiza (Bantegal) e as Unidades de Xestión Forestal (Uxfor).

Na segunda parte exporanse diversas actuacións para a mellora dos montes, que xirarán arredor de tres eixos: a prevención dos incendios forestais (lexislación, plans de prevención e defensa contra incendios, así como axudas para o caso dos montes veciñais en man común), a mellora dos recursos forestais (plantacións, tratamentos silvícolas, aproveitamento comercial e transformación dos produtos forestais) e mais a valorización integral e a promoción da multifuncionalidade do monte. Para desenvolver este último punto, exporanse as liñas de axudas así como exemplos de proxectos de valorización do monte como o aumento do coñecemento e a concienciación dos propietarios e xestores, o aumento do valor económico dos bosques e a promoción da diversificación das producións e a posta en valor dos usos públicos dos espazos forestais.

Este seminario está dirixido a propietarios particulares, a membros de comunidades de montes veciñais en man común, a silvicultores, a xestores de montes, a técnicos e traballadores de empresas e de servizos agroforestais e ao persoal da administración pública local e autonómica. A participación neste seminario é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas polo que todos aqueles que estean interesados deberanse inscribir canto antes nos propios centros comarcais.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Ponteareas, Salvaterra.

O PSOE de Salvaterra amosa a súa oposición á subida de taxas municipais que mañá levará ó pleno o Partido Popular Os organizadores da Feira do Outono acusan ao alcalde de Ponteareas de impedir a celebración da sexta edición

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: