O concello de Ponteareas celebrou máis de medio cento de vodas civís no que vai de ano

31/10/2008 at 14:55 Deixar un comentario

O Concello de Ponteareas celebrou no que vai de 2008 un total de 52 vodas civís, o que supón un importante incremento respecto aos matrimonios celebrados en todo o ano 2007, que ascenderon a 39. Dos máis de medio cento de cerimonias celebradas entre xaneiro e outubro de 2008, o Castelo de Sobroso foi o escenario elexido polo 95 por cento das parellas o que, segundo o Goberno de Ponteareas, “ven a confirmar o atractivo deste emprazamento para os casamentos civís, xa que tanto invitados como contraentes disfrutan dun contorno privilexiado”.
Mentres, o cinco por cento restante das parellas que celebraron no Concello o seu matrimonio civil o fixeron no salón de plenos.

Dende o goberno local destacan o importante incremento do número de matrimonios civís celebrados este ano no Concello, e consideran que “o trato e as facilidades que se proporcionan, así coma a posibilidade de casarse nun lugar privilexiado coma o Castelo de Sobroso” animan a moitas parellas.

Ademais, dende o Concello consideran que os enlaces que se celebran no castelo de Sobroso, ademais de ser un servicio flexible para os contraentes –celébranse en horario de mañá ou de tarde-, contribúen á promoción turística desta fortaleza, propiedade do Concello de Ponteareas dende 1981.

Entry filed under: Ponteareas.

O goberno de Ponteareas pide á Xunta e ao Estado que incorporen aos orzamentos de 2009 partidas concretas para acometer investimentos pendentes na vila Máis de medio centenar de membros da asociación española de ‘Amigos dos castelos’ de Lugo visitaron o castelo de Salvaterra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: