O goberno de Ponteareas pide á Xunta e ao Estado que incorporen aos orzamentos de 2009 partidas concretas para acometer investimentos pendentes na vila

31/10/2008 at 14:53 Deixar un comentario

O grupo de goberno do Concello de Ponteareas presentou no pleno ordinario da Corporación unha moción na que insta aos gobernos central e autonómico a incorporar aos seus orzamentos para o ano 2009 partidas concretas que reflictan o seu compromiso para investir na vila e sacar adiante importantes proxectos que aínda están pendentes.

Así, o  goberno local, que dirixe o popular Salvador González Solla, plantexa na súa iniciativa a necesidade de dirixirse ao executivo central e autonómico, así como aos respectivos grupos parlamentarios para que, nuns intres nos que “se atopan en tramitación tanto os orzamentos do Estado coma os da Xunta de Galicia para o ano 2009”, estas administracións “incorporen aos seus orzamentos as partidas económicas necesarias para afrontar diferentes investimentos en infraestructuras, solicitadas en numerosas ocasións dende o Concello, algunhas dende fai bastantes anos, das que son competentes ou nas que poden contribuír na súa resolución tanto a Administración  Autonómica como a Estatal”.

Neste sentido, o goberno local de Ponteareas cita na exposición de motivos desta iniciativa cuestións como o saneamento integral do concello, o remate da rede separativa do casco urbano, a circunvalación que une a Autovía Rías Baixas A-52 coa estrada N-120, a reforma do enlace do Confurco entre a A-52 e a N-120, a rehabilitación da Ponte dos Remedios, a construción de centros culturais, pistas deportivas, parques e paseos públicos, etc.

A moción plantexa dous acordos; o primeiro insta ao Pleno Municipal de Ponteareas a dirixirse á Xunta de Galicia e aos Grupos do Parlamento Galego solicitándolles a inclusión nos orzamentos de 2009 de partidas económicas dabondo para acometer actuacións como a rehabilitación da Ponte dos Remedios, o remate do saneamento de Xinzo, Arnoso e Areas, a redacción dos proxectos de saneamento integral de Ponteareas e colaboración económica para executar as obras ou a colaboración na realización do remate das obras de separación de augas pluviais e residuais da vila.
Así mesmo piden a construción da Estación de Tratamento de Auga Potábel (ETAP) e a ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR).
Tamén consideran que debe haber orzamento para a construción de pistas deportivas cubertas nos centros de ensino Fermín Bouza Brey, Virxe dos Remedios, Val do Tea, Feliciano Barrera de Guláns e Santiago de Oliveira e para a colaboración na construción das Casas Culturais das parroquias de Guillade, Arcos e Fozara.
Entre as obras que os populares consideran imprescindibles está a humanización da estrada a Salvaterra dende a N-120 ata o enlace coa A-52 (beirarrúas, alumeado, etc.), a construción dunha rotonda entre a Avenida de Castelao e a rúa Fermín Bouza Brey; a construción dunha nova ponte alternativa na parroquia de Moreira e a ampliación do Centro de Saúde de Ponteareas e incremento de novas especialidades.

O segundo acordo que establece a moción do grupo de goberno insta ao Pleno da Corporación a dirixirse ao Goberno do Estado e aos Grupos Parlamentarios do Congreso dos Deputados, solicitándolles a inclusión nos orzamentos de 2009 de partidas económicas para acometer actuacións como a execución das obras de reforma do enlace do Confurco, a execución das obras da estrada de conexión entre a estrada N-120 e o Polígono da Lomba (Areas) coa Autovía A-52 (Parque Empresarial) e a execución das obras de acceso dende a Autovía A-52 ao Parque Empresarial “Val do Tea” (Guláns-Cristiñade); asi como a execución da estrada de circunvalación á vila entre a estrada N-120 e a Autovía A-52 ou o plan de Saneamento e recuperación integral do Río Tea (conxuntamente coa Xunta de Galicia). Ademais, inclúen o proxecto de urbanización  da estrada N-120, o paseo Fluvial do río Tea (Tramo Ponteareas) e a construción dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR).

Entry filed under: Ponteareas.

A Mancomunidade de Montes da Paradanta forma aos seus veciños comuneiros O concello de Ponteareas celebrou máis de medio cento de vodas civís no que vai de ano

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: