Alberto Núñez Feijoó visita aos veciños do Condado

07/11/2008 at 20:38 Deixar un comentario

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse a derrogar o Plan Vigo Integra aprobado pola Xunta porque, a seu entender, está “tecnicamente mal exposto” e carece de financiamento, polo que avogou por aprobar un novo plan de estradas para a área de Vigo consensuado cos alcaldes e os veciños da zona.
Nunha visita á comarca do Condado-Paradanta dentro do seu compromiso de percorrer os 315 concellos galegos, Feijóo criticou que o Goberno galego elaborou o Plan Vigo Integra “de lombos” á cidadanía.
Tamén considerou que “non reflicte a realidade xeográfica” actual porque baséase na cartografía de 1996, e salientou que “nin sequera” os partidos que sustentan a Xunta –PsdeG e BNG– apoian este documento. Fronte ao texto do bipartito que “só xera discrepancias e ningunha adhesión”, reivindicou a necesidade de facer un plan novo que “cohesione” todas opinións.
Na súa visita á comarca do Condado-Paradanta, o líder da oposición, tras reunirse con veciños e asociacións os concellos de Mondariz, Mondariz Balneario, Salvaterra e As Neves, criticou que nos Orzamentos da Xunta para 2009 “só” figura un investimento de 10.000 euros para esta comarca.
“Nin sequera medio euro por habitante”, lamentou, e acusou de “erro” que o Goberno bipartito opte por “diminuír” os servizos públicos en lugar de mantelos, como o caso da eliminación de ciclos formativos, a “escaseza” de garderías ou a construción de circunvalacións e travesías “aínda pendentes”.

O  paro
Doutra banda, Feijóo transmitiu seu “preocupación” polos datos do desemprego relativos ao pasado mes de outubro porque, a seu entender, evidencian que “paro e Xunta empezan a estar máis unidos que nunca”.
O líder dos populares galegos lembrou que o pasado outubro será recordado como “o mes donde máis emprego se destruíu na historia de España desde 1994”. “Seis mil persoas diarias fóronse ao paro”, ilustrou, e comparou este dato con toda a cidade de Vigo.
No caso de Galicia, alertou de que os datos son “aínda peores” posto que máis de 11.500 traballadores desta comunidade quedáronse sen emprego. “Isto supón que un concello enteiro como Baiona, O Barco de Valdeorras ou Rianxo foise ao paro na súa totalidade no mes de outubro”, dixo na mesma liña comparativa.
Perante estes datos, lamentou que o Goberno galego non arbitre medidas que “polo menos” poidan parar esta “sangría” posto que, na súa opinión, é “evidente” que nin a política económica da Xunta nin a do Goberno central están funcionando.

Entry filed under: As Neves, Mondariz.

Innovación e Industria inviste máis de 195.000 € en melloras na rede léctrica de Mondariz O Concello de Salvaterra comeza en novembro as actividades deportivas para nenos e adultos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: