Comezan as reunións veciñais para estudar o Vigo Íntegra

07/11/2008 at 20:25 Deixar un comentario

O pleno ordinario da Corporación celebrado en Ponteareas aprobou, cos votos a favor do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego e a oposición do Partido Socialista, a retirada do proxecto do Plan Sectorial Vigo Íntegra naquelas actuacións que afectan ao municipio. Tanto PP como os nacionalistas respaldaron tamén iniciar un proceso de interlocución social entre o Concello e os distintos colectivos veciñais.
O goberno local presentou no departamento autonómico as alegacións a este plan viario, que afectan á autovía A-57,  inclúen tamén consideracións á variante de Ponteareas e ao Parque Empresarial Guláns-Cristiñade, así coma os seus enlaces previstos.
Entre as accións emprendidas polo goberno, ademais das alegacións, atopase a presentación dunha proposición non de lei a través do grupo parlamentario popular na que se insta ao goberno da Xunta a reformar a variante de Ponteareas, así coma unha moción, tamén do grupo parlamentario do PP, na que se esixe a retirada e reformulación do citado plan. O alcalde de Ponteareas solicitou ademais unha entrevista co Director xeral de Obras Públicas para informarlle sobre as alegacións presentadas a este documento.
Pola súa parte, o  BNG, propón que a Corporación apoie ás alegacións presentadas polos colectivos socias, e solicite da Consellaría de Política Territorial a modificación do Plan sectorial Vigo Íntegra no que atinxe ás actuacións previstas no Concello de Ponteareas e inicie un proceso de interlocución social cos colectivos veciñais e o Concello.
O BNG propuxo a adhesión do Concello a Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta, “adhesión que debía estar aprobada en pleno fai meses pois o programa comarcal xa foi presentado ante a Consellería de Medio Rural”.

Entry filed under: Ponteareas.

Tempo de Outono no Bouza Brey Socialistas e populares enfróntanse polas partidas orzamentarias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: