O BNG destaca a aposta pola comarca do Condado-Paradanta e Louriña nos orzamentos da Xunta

07/11/2008 at 21:03 Deixar un comentario

Sandra Arauxo, responsable comarcal do BNG, destacou que  os orzamentos da Xunta son un instrumento axeitado para loitar contra a crise e en defensa dos intereses da maioría social. O Deputado nacionalista, Kiko Paz, destaca que é “un proxecto realista, con unha análise e prospeción realista da economía galega para o ano 2009” e suliña a súa “aposta pola austeridade e priorización do gasto público en tempos de crise, coa redución do gasto corrente”. Paz Antón reclama a necesidade de facer un forte investimento produtivo e social.Neste senso, para o BNG merece mención especial “o incremento de partidas destinadas aos servizos sociais” que, por exemplo, no caso da dependencia, pasan de 84 a 135 millóns de euros (un 60% de incremento) e a “intensificación do esforzo investidor do Consorcio de Servizos Sociais que se traducirá na construción e apertura de novas galescolas e centros de día”, dentro das partidas do departamento de Vicepresidencia que experimentan un incremento xenérico que se aproxima ao 11%.

O Deputado nacionalista suliña tamén que os orzamentos galegos para o 2009 supoñen a “consolidación do complemento autonómico das pensións non contributivas” e lembra que están destinadas aos sectores máis desfavorecidos.O deputado destaca o incremento das partidas destinadas á Consellaría de Innovación e Industria, “en especial, as destinadas á produción industrial e ao I+D+i, cun incremento do 8% que pon de manifesto a aposta pola economía produtiva e pola transición cara un modelo económico baseado na innovación e na cualificación da man de obra”,dos 145.207.042 m € que é o orzamento da Dirección Xeral, preto da metade irá destinado a área de influencia de Vigo, nos que se atopa a nosa comarca.
Tamén reflexionaron sobre o incremento nun 7,6% das partidas destinadas á vivenda e solo manifestan que “mesmo en momentos de crise, mantense a aposta firme pola dotación de solo produtivo e pola promoción de vivenda protexida”. Na nosa comarca refléxanse en partidas para parques empresariais e plans sectoriais de vivenda. Cun investimento de prácticamente 10 millóns de euros en solo empresarial(PLISAN e Val do Tea)e en plan sectorial de vivenda ( Salvaterra, Salceda, O Porriño, Ponteareas e As Neves) cun investimento de máis de 50 millóns de euros e 1600 vivendas, informa Paz Antón.
Para o deputado nacionalista, as políticas de cultura e deportes “disporán dunha dotación suficiente que, malia a necesaria austeridade, aseguran a continuidade das liñas estratéxicas en materia de promoción, difusión cultural, proteción e posta en valor do patrimonio e promoción da práctica deportiva”, exemplos de investimento na comarca son a pista polideportiva homologada nos terreos do Instituto de Ensino Secundario de Parderrubias, dotación de herba artificial, o campo de fútbol de Torneiros un total de 637.194,68euros,etc. etc
No referido a Medio Rural, Kiko Paz indica que o incremento nas partidas existentes “aseguran igualmente a aposta polo cambio e a transformación do rural que mantén o nacionalismo no goberno” e destaca o desenvolvemento do rural, así como para o apoio da produción agraria, gandeira e forestal, sectores tan importantes para a nosa comarca.

Outros dos exemplos que espera se vexa materializado é a ampliación do centro de saúde do Porriño. En educación, os nacionalistas destacaron a ampliación do CEIP Bouza Brey de Ponteareas 500.000 euros e enumeraron outros moitos investimentos en infraestructuras, humanizacións, melloras da calidade do suministro eléctrico…

Entry filed under: Ponteareas.

Medio Ambiente financiará a instalación da contenerización soterrada na Praza de España de Mondariz cun investimento de máis de 64.000 euros A exposición do BNG “Transformando Galiza” visitará o Domingo Salvaterra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: