Veciños de Rañe, en Salvaterra, esixen á Xunta unha solución ao túnel de acceso a Fornelos

07/11/2008 at 20:32 Deixar un comentario

Un grupo de veciños do barrio de Rañe, en Fornelos, denuncian a “pasividade” da Consellería de Política Territorial e do concello de Salvaterra.
Estes veciños esixen unha alternativa de paso ao túnel que vai por debaixo da estrada que une Salvaterra e Ponteareas.
Segundo estes veciños entre as principais deficiencias destaca o feito de que na súa saída e entrada rexístranse pendentes dun 18 e 22%.
“Non é o suficientemente ancho para o paso de dous vehículos nalgunha zona e a súa altura de 3,60 metros provocou máis dunha vez que algún camión quedara atascado. Ademais, carece de calquera tipo de sinalización. Hai que destacar o feito de que a alternativa ao túnel para ir ao centro de Fornelos dende Rañe supón percorrer preto de dous quilómetros”, asegura Ángel Martínez, representante dos veciños afectados.
As propostas veciñais pasan pola esixencia da construción dunha rotonda na estrada que une Salvaterra e Ponteareas evitando o paso polo túnel de tráfico rodado para ir a Rañe ou ao centro de Fornelos.
A iniciativa completaríase coa colocación dun paso de peóns, incluso con semáforo.
Infructuosa reivindicación
A pesar de que xa no 2004 comezaron as reivindicacións, a día de hoxe aseguran que non conseguiron nada.
Os afectados extenden os seus reproches tamén ao concello de Salvaterra, “non aprobou no pleno a reclamación á Xunta dunha rotonda na estrada que une Salvaterra e Ponteareas, moción apoiada polo BNG e o PSOE”.
Precisamente Martínez tamén fixo alusión aos portavoces da oposición, Gabriel Martínez e José Luis Fernández, “a pesar de que os seus partidos gobernan na Xunta non foron capaces de mover fíos”.

Efectos
O representante dos veciños de Rañe aclara que entre os 150 residentes do barrio hai un importante número de persoas con minusvalías, que van do 33 ao 65% e incluso persoas que van en cadeira de rodas, o que converte as rampas nun paso case infranqueable para os que non teñen medio de transporte. O problemas reviste máis gravidade se se ten en conta que é o paso obrigado para os veciños que queren coller o autobús, ir a farmacia, a tenda, a igrexa ou ao cemiterio.
Martínez engade que a estreiteza do paso provoca situacións de risco, tanto para os peóns como para os vehículos quedando as freadas patentes no asfalto.
“O risco aumenta cando chove ou cando pasa un tractor cargado ou un camión con hormigón ao que normalmente lle cae o hormigón”.

Testemuñas
As consecuencias dunha obra mal feita repercuten nos veciños. Segundo Martínez non é a primeira vez que un veciño queda postrado nunha cama por unha caída a pé ou en moto. “Algúns faleceron aos poucos meses de quedar postrados nunha cama por unha caída no intento de subir por unha das costas”.
Outro dos afectados, Braulio Portas, afirma que coincidindo coas festas tres persoas tiveron que empeñarse a fondo para levar de Rañe ao centro de Fornelos a súa sogra en cadeira de rodas cun peso que supera os 100 quilos. A pesares do seu habitual sorriso, Anselmo Martínez, vive un calvario cada vez que se enfronta ás rampas do túnel, incluso, en ocasións, debido á súa avanzada idade e o emprego de bastón, necesita axuda porque a súa forza faise insuficiente.

Entry filed under: Salvaterra.

Arantei prepárase para a X Festa do Viño Novo Medio Rural inviste 120.000 euros no entorno dos ríos Tea, Aboal e Alén en Mondariz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: