A Consellería de Vivenda e Solo creará 174 vivendas protexidas en Salvaterra

30/12/2008 at 06:00 Deixar un comentario

O BNG de Salvaterra asegura que o Plan Sectorial de Vivenda da Xunta de Galiza permitirá aos veciños dispor de 174 vivendas protexidas a prezos accesibles, implicando un investimento de preto de 5,2 millóns de euros ao longo da vixencia do plan sectorial que se desenvolverá entre 2009-2017.
O portavoz nacionalista,Gabriel Martínez, agradeceu esta iniciativa posta en marcha pola Consellería que dirixe a nacionalista Teresa Táboas que aportará a Salvaterra novos equipamentos e zonas verdes.
Martínez explicou que as bolsas de solo apostan pola integración social, e por facilitar o crecemento ordenado do concello. Gabriel Martínez salientou que os veciños contarán con 13.500 m2 de zonas verdes e 5.500 m2 dotacionais nos que se poderán ubicar no futuro equipamentos sociais, deportivos ou culturais que tanto precisa Salvaterra”.
O BNG aposta pola colaboración institucional e pola implicación do sector privado para o seu desenvolvemento efectivo.
Plan de Investimento Local O BNG de Salvaterra ven de solicitar un pleno extraordinario no que se aproben as propostas para invertir os fondos do Plan Estatal de Investimento Local tendo e conta aos colectivos sociais e aos grupos políticos da corporación.
Segundo o BNG de Salvaterra hai que aproveitar o financiamento derivado deste plan, que en Salvaterra ascende a 1.550.594eruos, para por en marcha actuacións que permitan asentar e mellorar os servizos públicos, desenvolver obras e actuacións para apoiar aos sectores económicos e estender e ampliar a rede de servizos sociais como mellor modo de cubrir as necesidades dos que máis as necesitan en épocas de crise como a que estamos a vivir.
Pola súa parte, o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal explica que as obras que se realizarán son o saneamento de parte dos núcleos rurais das parroquias que afectan ao colector do río Tea. Grandal engade que “os veciños demandan con urxencia obras de saneamento”.

Entry filed under: Salvaterra.

O BNG de Arbo anima aos veciños a consultar o PXOM A Deputación mellorará o antigo acceso a Crecente

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: