O BNG de Mondariz acusa ao goberno local de aprobar un orzameno para o 2009 con 0 euros en novas obras e servizos

30/12/2008 at 06:04 Deixar un comentario

O BNG de Mondariz adianta que o proxecto de orzamento para o ano 2009 foi aprobado xa polo Pleno da Corporación Municipal de Mondariz grazas aos votos favorables do goberno do PP. Segundo os nacionalistas por vez primeira o documento que a rexer o gasto do concello ao longo de todo o ano que ven non contempla por parte do concello investimentos en novas obras e/ou servizos públicos, cuestión que dende o BNG reprocharon ao alcalde, lembrando que “o concello debe destinar unha partida para inversións a maiores dos fondos que se destinen dende a Xunta, o Estado ou outras administracións para a realización de proxectos e investimentos, especialmente nunha situación de crise económica como a que se padece”.
Asegura o BNG que o documento prevé uns ingresos “inflados e irreais” en conceptos como IBI, ICIO, recollida de lixo etc., “o que según os informes técnicos podería levar de novo ao concello a un estado de déficit que repercutirá nas contas dos vindeiros anos.Neste exercicio o PP non incluíu nos orzamentos as facturas pendentes de pago dos exercicios anteriores, o que , no caso de querer pagalos, distorsionará de novo as contas municipais”, afirma Xoán Carlos Montes Bugarín, portavoz do BNG de Mondariz.

Así mesmo sinala que “un ano máis o alcalde e o PP non prevén levar a cabo unha convocatoria pública de subvencións dirixidas ás distintas asociacións do concello e optan polas subvencións nominativas que permiten distribuir os fondos públicos entre os distintos colectivos veciñais sen aterse a ningún tipo de criterio obxectivo ou proporcional, deixando a concesión das axudas a criterio da alcaldía”.
Os nacionalistas demandaron a asignación dunha partida económica dirixida ás dúas Entidades Locais menores existentes no concello e lembraron o “incumprimento manifesto” por parte do Alcalde de sacar convocatoria pública de prazas de persoal, o que conleva a precariedade laboral de moitos dos traballadores municipais.

O BNG acusa o goberno do PP de “carecer de rumbo” e de non ser quen de poñer en marcha proxectos que redunden na calidade de vida e no benestar dos veciños e veciñas da localidade.

Débeda
Ademais, as estimacións do BNG cuantifican a débeda municipal en 362.000 euros, cantidade que debe ser pagada en forma de crédito bancario. “O déficit municipal pasou de 180.000 € en 2007 a 480.000 € en 2008. A débeda do Concello de Mondariz aumentou o 167% só no último ano. No mes de xullo do ano que vai rematar o orzamento anual xa estaba esgotado, o que evidencia que o grupo de goberno do PP xestiona de forma caótica e irresponsable os recursos públicos”.

Entry filed under: Mondariz.

Os comuneiros de Xinzo, en Ponteareas, ofrecen ao Consorcio Galego de Benestar terreos para un Centro de Dia e unha Galescola A Cámara de Comercio de Vigo crea unha Antena local en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: