O BNG de Salvaterra valora positivamente a creación de vivenda protexida no concello

08/01/2009 at 21:04 Deixar un comentario

O BNG de Salvaterra define o Plan Sectorial de Vivenda da Xunta de Galiza como “unha grande oportunidade” para o concello por canto permitirá aos veciños e veciñas dispor de 174 vivendas protexidas a prezos accesibles e implica un cuantioso investimento de preto de 5,2 millóns de euros ao longo da vixencia do plan sectorial que se desenvolverá entre 2009-2017.
O portavoz nacionalista, Gabriel Martínez, saudou esta iniciativa posta en marcha pola Consellería que dirixe a nacionalista Teresa Táboas que aportará a Salvaterra novos equipamentos e zonas verdes, “creando espazos públicos de calidade dos que estamos tan necesitados neste concello”, explicou, “ademais de xerar actividade económica e favorecer o mantemento do emprego e a creación de novos postos de traballo, contribuíndo deste xeito a paliar os efectos da crise na que estamos inmersos, á que non é allea o concello de Salvaterra”.

O portavoz nacionalista tamén valorou as bolsas de solo seleccionadas, por canto apostan pola integración social, e por facilitar o crecemento ordenado do concello. “Pensamos que as bolsas elixidas acaban coa idea de que a vivenda protexida debe estar en localizacións periféricas dos concellos, e aposta pola calidade na ubicación deste tipo de vivendas, que van dirixidas tanto para as familias con rendas medias como as necesitadas”, explicou. Gabriel Martínez salientou ademais que “a actuación prevista no concello será o exemplo dun novo urbanismo de calidade, o urbanismo ao servizo da xente que sempre defendeu o BNG e que neste caso se traducen en 13.500 m2 de zonas verdes e 5.500 m2 dotacionais nos que se poderán ubicar no futuro equipamentos sociais, deportivos ou culturais que tanto precisa Salvaterra”.

O BNG aposta pola colaboración institucional para que o goberno local sexa receptivo a estas iniciativas e tamén pola implicación do sector privado para o seu desenvolvemento efectivo. Considera ademais esta iniciativa como unha ferramenta de planificación de vivenda protexida que, ademais, aposta por dotar aos concellos de Galiza de máis calidade de vida ao incluír novos equipamentos e dotacións, e pola súa capacidade para xerar actividade económica nunha situación de crise.

Entry filed under: Salvaterra.

A Xunta executará a cuarta fase do saneamento en Areas, Arnoso e Xinzo, en Ponteareas O concello de Salvaterra enviou seis alegacións ao proxecto do Plan Sectorial de Solo de Galicia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: