Xa está todo listo para o XVI Camiño do Requesón das Neves

08/01/2009 at 21:30 Deixar un comentario

O XVI Camiño do Requesón xa está ultimado e case preparado para albergar aos centos de afeccionados á bicicleta de montaña que o día 11 de xaneiro daranse cita nas Neves.
A edición do 2009 será recordada sen dúbida. Os homes e mulleres do Club Cicloturista A Lamprea‐ Forjados Hnos. Duran deseñaron primeiro un percorrido espectacular e despois unha posta en escena que supón un banzo máis nese listón, xa de seu bastante alto.
En canto ao percorrido serán 38 Km. 16 de subida sen parar, 1 km con desniveis do 15% “alternativo”, cortafogos alternativo de 400 mts de lonxitude cun desnivel de 25%, este en baixada. Os primeiros quilómetros coincidirán coa edición pasada, vólvese a repetir a variante de San Ciprian e subida cara a San Fins aínda que a metade de subida
cámbiase a un trazado novo. Moi preto da cima, atopámonos a primeira variante para os máis preparados, un atallo que a máis dun pódeselle atragantar, con desniveis que chegan ao 15%, aínda que moi bonito e cunhas vistas privilexiadas.
O ano pasado en San Fins, case se acababa a subida. Este ano haberá que dar un pouco máis de pedal xa que o avituallamiento está previsto, se o tempo acompaña, no curro do Paradanta, “un pouquiño máis arriba”. Para chegar alí os ciclistas levarán toda unha sorpresa cando teñan que atravesar un túnel de máis de 40 mts, “espectacular” case será recomendable levar luces. Toda unha nova obra de enxeñaría caseira á que nos ten afeito este club e esta proba, onde outros anos xa vimos pontes de eucaliptos sobre o rio termes e pasadizos con palets. Un emprazamento, o do Paradanta, que moitos recordarán, onde xa se situou, un ano a carpa das vituallas, un ano aquel, especialmente duro con nevadas importantes os días previos á proba. Esperemos que este ano o tempo acompañe un pouco, polo menos para gozar dunha novillada no propio recinto do curro. Iso será, por suposto despois de repor forzas co famoso e habitual Caldo galego ben quentiño, acompañado de empanada e viños da comarca.
Despois, como adoita ser habitual no Camiño do Requesón case case “só guiar”, descenso cara á liña de chegada nas Neves, aínda que no medio con algunha variante para os máis atrevidos. Cortafogos que parece case unha parede vertical, os que se atrevan porán a proba a lei da gravidade, e a amortiguación das súas bicicletas.
Nas Neves, os que consigan terminar a proba poderán ducharse e limpar as bicicletas nos lugares habituais.
O da vaquilla, merece especial atención e é que se esta proba xa era recoñecida polo seu bo humor ademais de por a súa dureza, este ano pode ser a “leite”. Aproveitando o recinto do curro, todos os que aínda teñan forzas e queiran seguir experimentando sensacións fortes poderán lidar unha vaquilla. Iso si, sen capote nin por suposto espada ou nada que se lle pareza. Tratarase de pasar un momento divertido e de subir un pouco máis a adrenalina sen
“dar positivo” no antidoping. Permitirase tentalo coa bici.
Na “posta en escena” ademais da vaquilla, túnel e tremenda trialera, este ano a organización supérase e consente como nunca, (despois da malleira) aos ciclistas, que ao chegar ás Neves  poderán recibir os coidados do equipo de masaxistas do Centro de Recuperación deportiva “GOYO” de Domaio. Todo un luxo.
Por suposto que un ano máis nos acompañará o equipo ciclista profesional Xacobeo Galicia con Álvaro Pino á cabeza. O campión do Tour de Francia Óscar Pereiro tampouco faltará á cita.
En canto ás inscricións. A estas alturas xa se superaron os 200 ciclistas que se apuntaron a través da pagina web www.cclamprea.com. Este ano tendo en conta a crise, o club Cicloturista A Lamprea‐Forxados Hnos. Duran non só non aumenta o importe da inscrición, senón que o rebaixa a só 12 euros cos que ademais do avituallamiento dan dereito a un chubasquero ciclista que se entregará ao recoller os dorsais.
Ademais da proba ciclista, paralelamente organízase unha ruta de sendeirismo ao Santuario da Franqueira coa mesma vitualla que os ciclistas e tamén con agasallo. Neste caso o prezo da inscrición é de 3 euros e limítase o número de senderistas a 100 polo que é aconsellable inscribirse canto antes.
Tanto ciclistas como camiñantes, participarán no sorteo de 2 viaxes a unha das etapas do próximo Xiro de Italia.

Entry filed under: As Neves.

O concello de Salvaterra enviou seis alegacións ao proxecto do Plan Sectorial de Solo de Galicia O concello de Ponteareas instala novas marquesiñas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: