A Consellería de Cultura organiza o III Encontro de Rancho de Reis en Mondariz

10/01/2009 at 16:01 Deixar un comentario

A Delegación provincial da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza organiza o III Encontro de Ranchos de Reis, que se celebrará o vindeiro domingo 11 de xaneiro, no Pavillón Municipal de Mondariz (Pontevedra).
Nesta edición participan o Rancho de Reis de Salceda de Caselas, o Rancho de Reis de Guláns, Fozara e As Cortellas (Ponteareas), así como o Rancho de Reis de Fornelos de Montes (Salvaterra de Miño). O Rancho de Reis de Riofrío, que vén de protagonizar o programa da TVG Alalá emitido o pasado luns día 5 de xaneiro, Noite de Reis, fai de anfitrión do certame por vez primeira.

Mª Xesús López Escudeiro, delegada provincial da Consellería, sostén que esta iniciativa “consolida a aposta decidida da Consellería de Cultura e Deporte por promover e difundir unha expresión cultural única, que ten na comarca do Condado o seu principal ámbito de difusión”. A Delegada provincial afirmou que “a promoción e difusión do patrimonio inmaterial, como este das Danzas de Reis, foi un dos empeños da Consellería de Cultura ao longo dos últimos anos”, unha liña de traballo que se desenvolveu promovendo axudas para renovar instrumentos musicais e vestiario, contratando actuacións, etc…

Entry filed under: Mondariz.

O concello de Ponteareas abríu o prazo de inscrición nos cursos oficiais de galego Entrevista á pintora ponteareán Ehlaba

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: