A Asociación Cultural San Martiño de Couso inaugura a ruta dos Muíños

15/01/2009 at 23:42 Deixar un comentario

O BNG de Ponteareas, felicita aos veciños de Couso e a Asociación Cultural San Martiño de Couso, pola iniciativa de recuperación do “Conxunto etnográfico e interpretativo dos muíños de Couso”, actuación inaugurada o pasado domingo, que contou coa asistencia do director xeral de Desenvolvemento Rural, o nacionalista Edelmiro López Iglesias que estivo acompañado de Gonzalo Constenla, delegado provincial da Consellaría de Medio Rural.
Edlemiro López e Gonzalo Constenla comprobaron os traballos de rehabilitación dos muiños de Couso e de recuperación do seu entorno, actuación que foi financiada nun 75%, 60.000 euros, a cargo do Programa Leader. O 25% restante foi aportado pola Comunidade de Montes de Couso.
O responsábel local do BNG, Xosé Represas, salientou que nestes tres anos o BNG desde a Xunta apoiou o medio rural de Ponteareas investindo varios millóns de euros en actuacións como obras de asfaltado e regadío a cargo do PEIM (630.000 euros), subvencións ás comunidades de montes, planta de biomasa en xinzo (194.000 euros), recuperación da Picaraña (320.000 euros), melloras na comunicación telefónica e internet en Couso (260.000 euros), mellora da electrificación (600.000 euros), remate do centro cultural de San Mateo (60.000 euros), recuperación dos muiños de Couso (60.000 euros) ou a investigación do pemento de Guláns.

Entry filed under: Ponteareas.

A Subdelegación do Goberno actuará contra as carreiras ilegais na Cañiza Os promotores da PLISAN ofertan aos afectados pola expropiación un prezo 4,03€/m2 en pago polos recursos mineiros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: