A Subdelegación do Goberno actuará contra as carreiras ilegais na Cañiza

15/01/2009 at 23:40 Deixar un comentario

O Goberno, a través da Garda Civil de Tráfico e da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, actuará de forma inmediata contra as carreiras ilegais e a circulación de vehículos a altas velocidades nunha zona da N-120, pertencente ao municipio da Cañiza; así llo fixo saber aos veciños afectados o portavoz do PSOE no Concello da Cañiza, Luís Gómez Piña, tras mediar ante o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández Álvarez.
Os veciños solicitaron de Gómez Piña a súa mediación ante a problemática suscitada pola circulación a altas velocidades de vehículos, fundamentalmente motocicletas, nun tramo comprendido entre os puntos quilométricos 615 a 618 da N-120 entre Petán e A Cañiza, onde pediron, entre outras cuestións, unha limitación a 50 quilómetros por hora.
Uns trescentos habitantes de Petán, Pereiras e a vila da Cañiza manifestaron que desde a apertura en 1998 da autovía A-52 observaron como os fins de semana e en especial en época estival a circulación no tramo do viario realízase a moi alta velocidade e con perigo.
A denuncia veciñal expón que son fundamentalmente motos de gran cilindrada as que pasan en supostas competicións nas que non respectan os límites de velocidade establecidos alí en 100 Km/hora.
Para os veciños, a velocidade regulamentaria na zona é excesiva posto que existen núcleos de poboación con nenos pequenos e persoas de idade avanzada que teñen que cruzar para ir ás leiras cos seus animais, tractores e motocultores ou, simplemente, acceder á nacional procedentes das estradas secundarias.
Tras unha recente reunión entre un grupo de veciños e o propio subdelegado de Goberno,  Luís Piña deu a coñecer as liñas de actuación para resolver o problema: A primeira delas xa está en marcha e trátase dunha maior vixilancia por parte da Garda Civil de Tráfico que foi solicitada directamente polo subdelegado do Goberno. A segunda das actuacións será executada pola Demarcación de Estradas do Estado e consistirá en mellorar as condicións de seguridade; previamente a iso o ente que depende do Ministerio de Fomento elaborará un informe, que tamén foi solicitado polo subdelegado do Goberno, no que Delfín Fernández pide unha análise da situación actual e melloras posibles.
Cabe destacar que entre as cuestións expostas polos veciños afectados está a existencia no punto quilométrico 616,400 a 616,800 dun carril lento en dirección a Vigo situado nunha curva perigosa e sen visibilidade, onde no seu momento non se respectou a beiravía mínima que debe posuír unha estrada nacional, segundo a denuncia veciñal.
Ademais, os veciños expuxeron que no barrio de Pereiras hai pouco procedeuse ao pintado dunha liña continua que impide o acceso ás vías de servizo e ás vivendas, tendo que utilizar entradas privadas para virar e non invadir a mencionada liña.

Entry filed under: A cañiza.

Os veciños do edificio de Promoción Pública da Cañiza combaten o frío con bombonas de gas A Asociación Cultural San Martiño de Couso inaugura a ruta dos Muíños

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: