Mari Rodríguez e Mercedes Briones expoñen no Centro Comarcal Paradanta

15/01/2009 at 22:48 Deixar un comentario

O Centro Comarcal da Paradanta acolle a exposición de pintura de Mari Rodriguez Pazos e Mercedes Brianes. A exposición está composta por vinte óleos que poderán admirarse de luns a venres de 10 a 14:30 e os sábados de 11 a
14:00 horas. Seducida pola cor Nada no barrio de Lavadores, antigo concello da cidade de Vigo, admiradora de Vincent Vangot, Toulous Lautrec,etc…..
Os seus comezos na pintura foron por casualidade, arrastrada por unha boa amiga e para saír do stress do traballo.
“Comezei as miñas clases de pintura hai tres anos. Estou aprendendo, sen présa, comezando cada traballo como un
reto ás miñas posibilidades, animada polo resultado das miñas obras, cada vez mais seducida por este mundo de cores e formas”.
Afeccionada á fotografía desde moi moza e con múltiples visitas a exposicións de temática natural, descobre un
mundo novo ao tentar plasmar a súa vision fotografica no óleo. Asi os seus cadros inspíranse na propia natureza que a rodea, seducida sobre todo pola cor.
“Buscando nas paisaxes do meu contorno, primeiro con miña cámara, para logo intentar plasmalo coas cores dos óleos aos brancos lenzos. Querendo atrapar as formas co seu van, reto que con pacienza e entusiasmo vou conseguindo”.
Gusto pola acuarela Mari Rodríguez Pazos realizou os seus estudos de delineación e desde moi temperá idade
a súa inquietude polo debuxo e a pintura a leva a un constante estudo como autodidacta. A súa paixón pola pintura
fai que se incorpore ao taller de debuxo e pintura onde comeza a experimentar o encanto da acuarela, o acrílico e o óleo.

Entry filed under: A cañiza.

Xa está aberto o prazo de inscrición para a VI Marcha das Rosquillas A Franqueira celebra o Cerco de San Sebastián

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: