O BNG de Arbo anima aos veciños a que presenten alegacións ao PXOM

15/01/2009 at 23:05 Deixar un comentario

O BNG arbense está asesorando a todos os veciños e veciñas que o solicitan diante do proceso de alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal para impedir a súa aprobación definitiva. Dende o BNG arbense solicitan que se anule este PXOM polos seguintes motivos:
-Apertura excesiva de pistas innecesarias en núcleos rurais que tronzan os eidos e as veigas tan importantes para a economía local e familiar e tan características das familias do rural tradicional e que non supoñen unha mellora dos servizos e das comunicacións en núcleos que xa están ben comunicados.
-Unha catalogación excesiva de solo industrial (45 hectáreas) que antes era rústico e actualmente está adicado ao cultivo de viñedo da D.O Rías Baixas e que non obedece a unha demanda real e previsible dado que aínda existe a totalidade de solo industrial baleiro da 2ª fase do polígono arbense.
-Unha restricción excesiva nas áreas de expansión dos núcleos rurais das parroquias para poder construir, mínimo 1600 m2, o que provoca a morte das parroquias dado que as parcelas son de pequenas dimensións.
– Graves irregularidades e déficit documental na catalogación e medidas de protección do patrimonio cultural capelas, petos de ánimas,casas singulares ect)
– Excesiva catalogación de solo de protección paisaxística que antes era de protección forestal o que impide ou reduce a actividade económica do monte o que pode provocar perdas de recursos para as comunidades de montes veciñais en man común.
-Novas catalogacións de solo urbanizable en zonas moi alonxadas do centro urbano e outras catalogadas como rústico en zonas ao carón do centro urbano.
En definitiva, o BNG arbense pide a anulación deste PXOM por “atentar claramente contra os intereses xerais dos veciños e veciñas e que non atende as necesidades de desenvolvemento racional para un concello de 3.800 habitantes espallados en 6 parroquias con moitos núcleos de poboación condenados a desaparecer polas restriccións urbanísticas impostas neste PXOM”.

Entry filed under: Arbo.

Os veciños de Barcela, en Arbo, en contra do Plan Xeral de Ordenación Municipal O concello de Covelo edita a súa primeira revista

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: