O Punto Limpo das Neves recolle os residuos que precisan un tratamento especial

15/01/2009 at 23:35 Deixar un comentario

O Punto Limpo das Neves está situado no antigo basureiro, aproximadamente uns 800 metros máis arriba do campo de fútbol das Neves. O Punto Limpo das Neves é un centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos no ámbito domiciliario e que necesitan unha xestión específica, polo seu tamaño (residuos voluminosos), composicións (pilas), disolventes ou outros materiais.
Este Punto Limpo está aberto ao público os luns de 15:30 a 18:30 e os sábados de 09:30 a 13:30 horas. Por se algún veciño necesita información dos residuos que se recollen o Punto Limpo das Neves pon a disposición dos veciños
un número de teléfono: 986 64 80 38.
Algúns dos residuos que se poden depositar neste punto limpo son: papel, cartón, vidro, envases, esprais, plásticos de diferentes tipos, electrodomésticos,metais, textil, residuos de gran tamaño que non collan nos colectores: sofás, colchóns…; aceites domésticos e restos de podas.
Por outro lado non se poden deixar residuos hospitalarios nin industriais nin radioactivos no Punto Limpo das Neves.
Ademais, o concello das Neves quere lembrar aos veciños a importancia da reciclaxe empregando correctamente os distintos contenedores de recollida de lixo que hai por distintos puntos do concello e das parroquias.
Así, os contedores amarelos son para bricks, latas e plásticos mentres que os verdes son para residuos orgánicos. Tamén están a disposición dos veciños os iglús verdes para vidro e os azuis para papel e cartón.
Tamén se poderán atopar tanto no concello como nalgúns comercios os minicontedores de pilas que logo son recollidos para o seu tratamento.
O concello das Neves aposta polo respecto á natureza aplicando medidas de reciclaxe e optando polas alternativas ecolóxicas.
O concello agradece a colaboración de todos para conseguir un concello máis limpo e convida a participar nas tarefas de recollida selectiva de lixo aportando cada fogar o seu gran de area.

Entry filed under: As Neves.

O BNG de Salvaterra esixe melloras nas instalacións do colexio Infante Felipe Os veciños do edificio de Promoción Pública da Cañiza combaten o frío con bombonas de gas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: