Os promotores da PLISAN ofertan aos afectados pola expropiación un prezo 4,03€/m2 en pago polos recursos mineiros

15/01/2009 at 23:48 Deixar un comentario

Os promotores da PLISAN ofertan aos aos afectados pola expropiación un prezo de 4,03 €/m2 en pago polos recursos mineiros. Esta proposta foi entregada hoxe pola Consellería de Vivenda e Solo aos representantes da asociación de afectados para que sexa explicada aos seus asociados. Ademais, a Consellería remitirá a proposta a todos e cada un dos afectados para que sexa enviada de novo ao Departamento autonómico asinada a título particular manifestando a súa conformidade.

Unha vez asinado o acordo de aceptación das condicións entre promotores e afectados, o Consello da Xunta autorizará o pago das indemnizacións a través dun convenio, no que se recollerá a proposta trasladada hoxe aos representantes dos veciños e se establecerá que as cantidades polos recursos mineiros serán abonadas por parte das entidades promotoras da PLISAN en proporción á súa cota de participación: IGVS un 18,295%, Autoridade Portuaria de Vigo un 60,58%, e Zona Franca un 21,125%.

O convenio tamén establecerá que as partes asinantes se comprometen a desistir dos procedementos xudiciais ou administrativos interpostos diante dos órganos competentes.

Finalmente, o convenio tamén recolle que as administracións actuantes reclamarán ás empresas graveiras, ben en diñeiro ou ben en material mineiro, as cantidades que se abonen aos particulares, por ser estas as que se benefician da explotación destes recursos con  importantes beneficios. Neste sentido, existe reiterada xurisprudencia do Tribunal Supremo que reflicte que quen explota o recurso debe ser o responsable último do seu pago.

Urbanización da Área Loxística Empresarial
A Consellería de Vivenda e Solo ten contratados por 14,48 M.€ as obras de urbanización do millón de metros cadrados que posúe na PLISAN, a denominada Área Loxística Empresarial, investimento ao que se suman outros 21,89 millóns de euros para a execución das obras das infraestruturas xerais de todo o ámbito, que serán financiadas entre os tres propietarios do ámbito: a Autoridade Portuaria de Vigo que aporta 13.264.960 €, o Consorcio da Zona Franca de Vigo que aporta 4.625.657 €, e a Consellería de Vivenda e Solo que aporta 4.005.982 €.

Entry filed under: As Neves, Salvaterra.

A Asociación Cultural San Martiño de Couso inaugura a ruta dos Muíños Nova concentración en Ponteareas para denunciar a situación do pobo palestino

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: