Xa está aberto o prazo de inscrición para a VI Marcha das Rosquillas

15/01/2009 at 22:43 Deixar un comentario

Xa está aberto o prazo de inscrición para a VI Marcha das Rosquillas 2009, que terá lugar o vindeiro día 25 de Xaneiro en Ponteareas. A saída da marcha terá lugar as 9:30h dende o pavillón municipal, haberá que estar 30minutos antes para poder coller o dorsal. Este ano terán un cupo máximo 600 prazas (para comer,non para participar) aos que se lle asegura a comida e os agasallos, isto faise para que todo o mundo que reserva a praza teña asegurado o seu sitio e que ninguén quede sen comer por mor de que nos vexamos desbordados pola afluencia de participantes que queden a comer. Á organización gustaríalle non restrinxir a participación no xantar pero esta decisión débese a que o sitio que teñen non da para meter máis xente.
Na marcha non terán límite de participantes e poderá participar todo o mundo que queira, sempre que cumpra as normas ditadas pola organización. http://www.adcpicarana.com /normas.html
Para poder inscribirse na marcha farase en 2 pasos: -Paso 1: inscribirse na paxina web www.adcpicarana.com completando o formulario cos datos persoais de cada participante.
-Paso 2: facer o pago no banco, indicando nome,apelidos e DNI do participante.
Para estar inscrito na marcha deberase facer o pagamento no número de conta: 2100 4281 31 2200037338 (La Caixa) 2080 0056 01 0040020305 (caixanova).
Todos os que fagan estes pasos irán aparecendo na lista que estará na web colgada. http://www.adcpicarana.com/ins
critos.html
Lembra que só hai 600 prazas para comer na compaña de todos os participantes nesta VI Marcha das Rosquillas que, ano tras ano, gaña siareiros. O deporte e o goce da paisaxe danse a man nesta proba que auna  ciclismo e sendeirismo.

Entry filed under: Ponteareas.

Entrevista á pintora ponteareán Ehlaba Mari Rodríguez e Mercedes Briones expoñen no Centro Comarcal Paradanta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: