Delfín Fernández, subdelegado do Goberno en Pontevedra, falou da seguridade cidadá en Ponteareas

21/01/2009 at 07:09 Deixar un comentario

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, explicou en Ponteareas a situación da Seguridade Cidadá en Pontereas e provincia. Convidado pola Agrupación local do PSdeG-PSOE, afirmou que unha das eivas que ten agora mesmo a zona é “a falta de policia local”. Segundo os datos que aportou só 27 concellos contan cunha policia local operativa, aqueles que no seu día asinaron un convenio conxunto en materia de seguridade. Aínda así municipios como Mos non efectuaron ningún progreso neste sentido. Deste concello falou para criticar a actual situación en que se atopa con só catro policias locais. No tocante a Ponteareas sinalou que nos últimos anos baixou a taxa de criminalidade mália que tampouco conta con moita policia local. Estes datos magnificaríanse, segundo o Subdelegado do Goberno, se se ten en conta que Ponteareas é o segundo concello que máis aumentou de poboación na provincia de Pontevedra. Xa ao remate da charla respondeu ás preguntas dos asistentes que se interesaron pola presenza de auxiliares na policia local de Ponteareas e o incremento da venda de droga na nosa localidade.

Entry filed under: Ponteareas.

O concello de Ponteareas pon en marcha o novo alumeado do barrio de Casal-Guláns A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia acada as 36 adhesións ao incorporarse o concello de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: