Máis de mil nenos de Ponteareas participaron nas actividades programadas polo concello en 2008

21/01/2009 at 06:55 Deixar un comentario

Máis dun milleiro de nenas e nenos do municipio de Ponteareas gozaron ao longo do ano 2008 das actividades programadas polo departamento de Cultura do concello. Así o recolle a memoria de actividades lúdicas organizadas para os cativos, que foi presentada polos responsables do departamento de Cultura e Animación Sociocultural do goberno ponteareán e polo concelleiro Andrés Sampedro.
O edil califica de “moi positiva” a programación organizada polo Concello no ano 2008, tanto na participación de público coma na diversidade de actividades. Así, destaca que o Concello esforzouse na organización de actos lúdicos que tiveron coma destinatarios aos cativos coincidindo coas vacacións escolares. As datas de verán, o Nadal, as Festas de Setembro e o Corpus Christi foron as épocas que acapararon a maior parte dos eventos lúdicos.

Neste sentido, o concelleiro de Cultura destaca que, á programación de contenidos habituais para os mais novos, hai que engadir a celebración de novas actividades, coma a celebración do obradoiro de globos de San Miguel, un novo taller que se celebrou con motivo das Festas Patronais de Setembro no que os máis novos aprenderon cómo se constrúen estes singulares elementos e co que se recuperaba unha vella tradición na vila.

Os obradoiros estiveron presentes ao longo de todo o ano 2008 nas diferentes datas festivas, adaptados ás necesidades dos máis novos e ás distintas épocas do ano, de xeito que en cada obradoiro organizado polo concello participaron unha media de 40 nenos e nenas. Neles, puideron tamén confeccionar Belenes e elementos do Nadal, estar en contacto coa natureza ou aprender distintos oficios e xogos tradicionais.

Ademais dos obradoiros, o concello organizou numerosas actividades de ocio, sesións lúdicas de xogo, inchables e animación ao longo de 2008, así coma sesións de contacontos na biblioteca municipal. O concelleiro de Cultura quere agradecer a colaboración de todo o persoal do seu departamento, así como da biblioteca municipal, e da animadora sociocultural, Tatiana Acuña xa que, sen eles non houbera sido posible a organización de todas as actividades. O agradecemento se fai extensible a todos os nenos e nenas que participaron nas distintas actividades, así como aos seus familiares.

O Concello de Ponteareas prepara para o ano 2009 unha programación máis ampla e variada na que espera que todos os nenos e nenas do municipio disfruten dunhas horas de ocio e diversión.

Entry filed under: Ponteareas.

A bióloga Rosa Covelo presenta o seu libro ‘Árbores e arbustos do Castelo do Sobroso’ mañá xoves 22 O goberno de Ponteareas aproba destinar máis de 140.000 euros do Plan Provincial de Cooperación ao saneamento da Freixa e ao Centro de Día Asprodico

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: