A AAVV Santiago de Prado da Canda, no Covelo, ve con bos ollos o comezo das obras da Casa de Cultura

25/01/2009 at 22:07 Deixar un comentario

A Executiva da Asociación de Veciños de Prado da Canda, ve con optimismo o anuncio realizado polo Concello de Covelo, de iniciar no mes de abril do actual ano a construción da Casa da Cultura desta parroquia. É para a Asociación de Veciños un feito moi importante que o Concello puxese no horizonte do mes de abril o comezo das obras.
“Os veciños cumprimos a nosa parte. Buscamos un solar que reunise as condicións necesarias, requisito imposto polo Concello, animamos á familia dona do inmoble a venderllo ao Concello, puxemos en contacto ás dúas partes, Concello e familia, chegamos a un acordo para que a familia, dona dos terreos, non especulase con eles. Na executiva da Asociación de Veciños consideramos que cumprimos de xeito eficaz a nosa parte”, explica a executiva da asociación veciñal.
Así mesmo, engaden que dende o Concello anunciouse no mes de setembro do ano pasado que a Deputación subvencionaba con 80.000 euros a construción da demandada Casa da Cultura. Continuan afirmando que no mes de decembro volveu a anunciar a intención da Deputación de financiar a realización da obra.
“Agora anúnciase a sinatura do convenio entre as institucións municipal e provincial pola que a Deputación subvencionará, por fin, a infraestructura solicitada, dende fai ben tempo pola Asociación de Veciños”.
A Executiva considera que se deron tódolos pasos necesarios.
Ademais aclaran que o Concello ten os terreos adquiridos nos seu día, ten os planos e “ten o finanzamento xa anunciado en tres ocasións”.
Para a Executiva non caben mais “excusas nin retrasos”, e recomenda ao Concello que sexa “valente, que lle poña tamén unha data de remate a esta obra, que se deixe de tanto anuncio, tres veces, e que realice sen máis a Casa da Cultura de Prado da Canda. É o momento de poñerse a traballar na realización deste proxecto”.

Entry filed under: Covelo.

Crecente acolle ata o día 5 de febreiro a exposición ‘Antón Alonso Ríos. Siñor Afranio’ O BNG de As Neves reúnese con empresarios, comerciantes e Comunidades de Montes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: