O concello de Covelo recibe o certificado AENOR de Xestión Ambiental

25/01/2009 at 22:48 Deixar un comentario

O pasado venres día 16 de xaneiro, tivo lugar nas dependencias da Casa do Concello de Covelo, o acto de entrega do Certificado de Xestión Ambiental segundo a norma UNE-EN ISO 14001:2004 por parte da entidade certificadora AENOR.
Durante o ano 2008, e en cumprimento do Convenio de Colaboración asinado coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible destinado á implantación do Núcleo de Sostibilidade de Covelo, executáronse os traballos de auditoría dirixidos a implantar o Sistema de Xestión Ambiental nas Oficinas Administrativas da Casa do Concello e na Biblioteca Municipal. Nestes traballos contouse coa asistencia técnica da Consultora Novotec S.A.
O obxectivo para o ano en curso, é ampliar o alcance do sistema de xestión a outras dependencias e servizos municipais como a Sede da Axencia de Sostibilidade na Casa Reitoral de Santa Mariña, o Auditorio ou o Servizo de Vías e Obras, segundo explica o axente de sostibilidade de Covelo, Santiago Barciela García.

Entry filed under: Covelo.

O BNG de Ponteareas valora positivamente a decisión de Medio Rural de comezar a investigación sobr o Pemento de Guláns O goberno de Ponteareas reúnese cos colectivos que participan nas Festas do Entroido

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: