O concello de Mondariz potencia o seu patrimonio natural

25/01/2009 at 22:18 Deixar un comentario

O Concello de Mondariz ven potenciando nos últimos tres anos o seu patrimonio natural facendo rutas de senderismo por enclaves tan marabillosos como as marxes do Río Tea, cunha afluencia de visitantes cada vez maior que proceden de todas as provincias galegas. Segundo o concello os turistas buscan paisaxe, fauna autóctona, flora silvestre, tranquilidade e ese son relaxante e envolvente do auga en estado natural.

Neste momento, e coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, estase acabando o tramo que faltaba desde Os Pasos de Tatín ata o Río Alén, límite con Covelo, desenvolvido integramente na parroquia de Lougares, o que permitirá que todo o Tea teña un sendeiro fluvial ao longo do seu leito por Mondariz. Ademais, tamén se arranxará o camiño do Río Aboal, afluente do Tea, ao seu paso por Riofrío, Frades, Toutón e Gargamala.

A zona de Mondariz posúe asentamentos humanos desde a máis temperá antigüidade e polo tanto é unha zona rica en xacementos arqueolóxicos. Da cultura dolménica hai varias mámoas, algúns petroglifos en varias zonas do municipio e importantes castros. Polo municipio pasou unha vía romana, dela quedou constancia na actual Ponte de Cernadela, reformado no século XV e que é un dos puntos de referencia non só pola beleza da construción senón tamén polo encanto do espazo natural no que se atopa.

Pero tamén o patrimonio artístico e cultural está sendo tratado, nestes días acaba de publicarse o libro “Cruces, Cruceiros e Petos do Concello de Mondariz”. É un inventario pormenorizado de arte relixioso, tremendamente abundante en todas as parroquias do concello e que informará a todos aqueles afeccionados dunha maneira gráfica e descritiva.

Comprometidos coa conservación do patrimonio desde o Concello realizouse un proxecto para a restauración e conservación dos Petos de Ánimas, Cruces e Cruceiros existentes en todas as parroquias do municipio. Querendo así crear unha gran ruta para que os amantes da arte poidan visitar auténticas obras da arquitectura relixiosa tradicional.

Cruceiro de Lougares e Cruceiro de Frades
O orzamento para a restauración destas xoias arquitectónicas ascende a máis de 78.000 euros.
“Este proxecto foi presentado na Consellería de Cultura de onde esperamos que teñan a sensibilidade suficiente e valoren a tremenda importancia que teñen estas obras que se estenden por toda a nosa xeografía, e que sen dúbida forman un referente cultural para Mondariz. Desde o Concello estase realizando todo o esforzo necesario para levar a cabo este ambicioso proxecto”.

Entry filed under: Mondariz.

O BNG de As Neves reúnese con empresarios, comerciantes e Comunidades de Montes O PSdeG-PSOE crea a agrupación de Mondariz Balneario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: