A Consellería de Vivenda e Solo chega a un acordo con 70 propietarios afectados pola expropiación da PLISAN

01/02/2009 at 22:11 Deixar un comentario

A Consellería de Vivenda e Solo e o resto dos promotores da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN) chegou a un acordo cun grupo de 70  propietarios afectados polas expropiacións da PLISAN para facerlles efectivo o pago dos dereitos mineiros que tiñan adquiridos. Este grupo de propietarios xa expresou por escrito á Consellería a aceptación deste acordo que lles permitirá ser indemnizados en concepto de dereitos mineiros.

Este acordo consiste basicamente na indemnización a cada un dos afectados de 4,3 euros por metro cadrado, cantidade que inclúe o pago tamén dos interese, e a realización de dous pagos un no presente ano, trala sinatura dun convenio cos afectados e previa ratificación do Consello da Xunta, e outro pago no vindeiro exercicio presupostario.
 
Con este acordo os afectados comprométense a retirar os distintos contenciosos que teñen formulados sobre esta materia. O importe total da indemnización supera os 7.000.000 €.

O resto dos propietarios afectados aínda non se pronunciaron sobre a proposta formulada polo promotores da PLISAN, proposta que foi remitida polo Goberno galego hai dúas semanas, polo que o Departamento autonómico está a espera de que se pronuncien o resto dos afectados, cuxos representantes non trasladaron obxección algunha  por escrito ao documento que se lle enviou, no que se plasmaban as condicións do acordo.

A Consellería de Vivenda e Solo vén facendo un esforzo nos últimos anos, xunto coa Autoridade Portuaria e Zona Franca, para poder chegar a este acordo, que a día de hoxe xa teñen subscrito un número importante de afectados.

Entry filed under: As Neves, Salvaterra.

O alcalde de Ponteareas visitou as obras de construción do Centro Cultural de Guláns O pleno do concello de Ponteareas aproba a solicitude das obras e proxectos con carto ao Fondo Estatal de Inversión Local por un importe de 3,9 millóns de euros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: