O alcalde de Ponteareas visitou as obras de construción do Centro Cultural de Guláns

01/02/2009 at 22:08 Deixar un comentario

O alcalde de Ponteareas, o popular Salvador González Solla, acompañado do concelleiros de Cultura, Andrés Sampedro, e de Novas Tecnoloxías, Alberto Novoa, visitaron as obras de construción do Centro Cultural de Guláns. O rexedor e os concelleiros foron recibidos pola xunta directiva da Fundación Guláns, onde lles informaron do desenvolvemento das obras e puideron comprobar que estas marchan a bo ritmo.

Durante a visita, o alcalde de Ponteareas comprometeuse a dotar a esta nova infraestructura cultural dunha pequena biblioteca e dunha aula informática, ademais da instalación dun parque infantil no entorno.

O Concello de Ponteareas destinou no ano 2007 un total de 120.000 euros para a execución da primeira fase das obras desta nova infraestructura. En decembro de 2008, o Concello, a Deputación Provincial de Pontevedra e a Fundación Guláns asinaban o convenio para executar esta segunda fase das obras de construcción do Centro Cultural desta parroquia ponteareana por un importe doutros 120.000 euros.

En total,  o centro cultural da parroquia recibiu un investimento de 240.000 euros. A esta cifra hai que engadir a aportación que a Fundación Guláns destinará e permitirá avanzar nas obras.

Esta nova infrestructura cultural dará servicio á comunidade veciñal e ás distintas actividades que desenvolven os colectivos da parroquia de Guláns. O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, felicitou á Fundación Guláns polo seu traballo e destacou a boa marcha das obras e declarou que espera que parte da infraestructura este rematada en breve. Ademais, o rexedor lembrou que estas obras forman parte do compromiso que adquiriu cando chegou ao goberno de dotar a todas as parroquias do municipio de centros culturais, “un compromiso que, á vista das obras executadas e das que desenvolveremos no que resta de mandato, estamos cumprindo”.

Entry filed under: Ponteareas.

O goberno de Ponteareas reúnese cos colectivos que participan nas Festas do Entroido A Consellería de Vivenda e Solo chega a un acordo con 70 propietarios afectados pola expropiación da PLISAN

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: