Teresa Táboas anuncia a licitación do proxecto e obra de rehabilitación do edificio da Fundación Roxelio Groba cun investimento de 400.000 euros

01/02/2009 at 22:29 Deixar un comentario

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, anunciou a licitación do proxecto e obra de rehabilitación do edificio destinado á Fundación Roxelio Groba no primeiro semestre deste ano cun investimento previsto de 400.000 €. Así o explicou a titular deste Departamento nunha visita realizada esta mañá ao edificio que será obxecto da rehabilitación, acompañada polo presidente da Fundación, Roxelio Groba.
 
O inmoble conta cunha superficie total de 600 metros cadrados e albergará na planta baixa a sede da Fundación Roxelio Groba. Na primeira e segunda plantas albergará vivendas protexidas para xente moza en réxime de aluguer.

A colaboración entre a Consellería e a Fundación formalizouse o pasado mes de decembro coa sinatura dun convenio que tiña como obxectivo facilitar un local en réxime de aluguer a esta entidade cultural, para o mellor desenvolvemento das funcións que lle son propias en base ao que figura nos seus estatutos.

A Fundación amosou o seu interese en dispor dunha superficie axeitada no ámbito municipal de Ponteareas, un local que poder utilizar para o desenvolvemento das súas actividades culturais e musicais.

Táboas salientou que este edificio vai mesturar o uso cultural co residencial, dando así resposta á necesidade de albergar o actual patrimonio musical da Fundación e o que poida producir no futuro, combinado coa recuperación do patrimonio arquitectónico destinado a residencia para xente moza.

A Consellería espera que esta Fundación, unha vez instalada na súa nova sede, se converta nun importante referente cultural tanto en Ponteareas como en toda a comarca.

Entry filed under: Ponteareas.

O PSOE da Cañiza asegura que o concello invertirá 1.185.113 euros dos Fondos Estatais nun edificio multiusos A conselleira de educación estivo na inauguración das obras de ampliación do Mestre Ramiro Sabell

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: