A conselleira de educación estivo na inauguración das obras de ampliación do Mestre Ramiro Sabell

06/02/2009 at 11:43 Deixar un comentario

Sanchéz Piñón na aula do Mestre Sabell

Sanchéz Piñón nunha aula do Mestre Sabell

Sobre as 11:15 chegou ao recinto do colexio ponteareán Mestre Ramiro Sabell a conselleira de educación, Laura Sánchez Piñón, foi recibida entre outros polo alcalde Solla, por Francisco Mosquera do PSdG de Ponteareas, por Piña do PSdG de As Neves e polo Delegado Provincial de Eduación, Cristóbal Fernández.

En primeiro lugar visitou unha das aulas onde saudou á mestra e aos nenos de infantil que se atopaban nas súas tarefas diarias.  Seguidamente dirixiuse ás novas instalacións do centro para proceder á inauguración.

A ampliación
A Consellería de Educación investiu un total de 1.382.931 de euros nas obras de ampliación do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera. Á hora de realizar as obras optouse por situar o novo edificio entre a zona de entrada e a pista polideportiva, de cara a interferir o menos posible no funcionamento do centro.

No CEIP cursan estudos un total de 312 alumnos, dos cales 118 están en educación infantil, e 194 en primaria. O centro participa no programa de anticipación da primeira lingua estranxeira desde os 3 anos, e conta cun comedor xestinado pola ANPA, que dá servizo a 79 alumnos e alumnas.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , .

Teresa Táboas anuncia a licitación do proxecto e obra de rehabilitación do edificio da Fundación Roxelio Groba cun investimento de 400.000 euros O goberno de Ponteareas reuníuse cos veciños nas parroquias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: