O goberno de Ponteareas reuníuse cos veciños nas parroquias

09/02/2009 at 21:36 Deixar un comentario

O alcalde de Ponteareas, o popular Salvador González Solla, e a tenente de alcalde, Nava Castro, mantiveron nas últimas semanas encontros con representantes dos colectivos veciñais das parroquias de Ponteareas para consultar de primeira man as prioridades en infraestructuras básicas e servizos das parroquias con vistas á elaboración dos corrrespondentes proxectos de investimentos para incluír no fondo local do Estado.

O obxectivo do goberno de Ponteareas é escoitar as opinións dos colectivos veciñais da totalidade das parroquias ponteareanas sobre as prioridades de investimentos en infraestructuras básicas para logo, dende o consenso, acometer os proxectos en base ás prioridades. Así, o alcalde e a tenente de alcalde mantiveron reunións co conxunto dos colectivos que serviron como base para unha planificación consensuada e que teñen como obxectivo investir en infraestructuras básicas prioritarias e distribuír ese investimento territorialmente en todas as parroquias ponteareanas.

O alcalde de Ponteareas insistíu na necesidade de consultar as prioridades inversoras que as parroquias propuxeron para chegar a un consenso nos proxectos, e destaca que os fondos locais de investimento do Estado se destinarán tanto a obras no casco urbano como a actuacións nas distintas parroquias. Ademais, destaca que a maior parte dos proxectos propostos polos colectivos se relacionan con infraestructuras básicas como o abastecemento de auga, melloras no alumeado público e dotación de infraestructuras culturais, deportivas e de lecer.

Nestes intres, unha vez finalizados os contactos cos veciños, o Concello de Ponteareas está rematando a elaboración dos proxectos para, de seguido, facer a proposta ao Fondo Local. O Concello tamén levará a cabo outro tipo de proxectos que presentará a vindeira semana.

Entry filed under: Ponteareas.

A conselleira de educación estivo na inauguración das obras de ampliación do Mestre Ramiro Sabell O BNG de Salvaterra critica a actitude do alcalde ante a marcha do secretario municipal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: