36,6m/€ para urbanizar a PLISAN e dotala de infraestructuras

19/02/2009 at 23:24 Deixar un comentario

A Consellería de Vivenda e Solo,que dirixe a nacionalista Teresa Táboas,contratou por 14,47 M.€ nas obras de urbanización do millón de metros cadrados que o Departamento autonómico posúe na PLISAN, a denominada Área Loxística Empresarial.Unha vez iniciadas as obras, a empresa contratada disporá dun prazo de 10 meses para a súa execución.
Dentro do millón de metros cadrados propiedade da Consellería de Vivenda e Solo, destinaranse a uso industrial un total de 400.000 metros cadrados cunha distribución aproximada en 100 parcelas de diferentes tamaños.
Infraestruturas xerais
Este investimento de 14,78 millóns de euros para acometer as obras de urbanización súmase aos 21,89 millóns de euros destinados á execución das obras das infraestruturas xerais de todo o ámbito da PLISAN, que xa foron contratadas o pasado mes de novembro e serán financiadas entre os tres propietarios do ámbito: a Consellería de Vivenda e Solo que aporta 4.005.982 €, a Autoridade Portuaria de Vigo que aporta 13.264.960 €, e o Consorcio da Zona Franca de Vigo que aporta 4.625.657 €.
As obras consistirán na execución dos sistemas xerais viarios que conectarán as diferentes áreas nas que se estrutura a PLISAN, así como a dotación das infraestruturas de servizos xerais comúns a todo o ámbito que inclúen as redes de abastecemento de auga potable, rede de saneamento e a canalización do subministro eléctrico.
En canto á instalación de infraestruturas para o abastecemento de auga, o proxecto contempla a construción dunha Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) propia, que permitirá dispor dunha capacidade de caudal de 200 litros por segundo.

Entry filed under: As Neves, Salvaterra.

O PSOE da Cañiza anuncia unha inhabilitación sobre a escola infantil municipal Medio Rural inviste 100.000 euros no saneamento do Casal-Ferreiros en Salvaterra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: