A Cañiza pasou a formar parte da Rede de Telecentros de Comunicación

19/02/2009 at 23:10 Deixar un comentario

O Concello da Cañiza inaugurou o telecentro de comunicación tras chegar a un acordo coa Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia para entrar a formar parte da Rede de Telecentros de Comunicación.
Neste momento só 50 Concellos dos 315 que integran a nosa Comunidade Autónoma contan cunha instalación destas características.
O acto de inauguración estivo presidido polo Alcalde da Cañiza, César Mera Rodríguez e polo Subdirector Xeral de
Comunicación da Xunta de Galicia Manuel Conde Mouzo.
Neste acto tamén estivo presente, a través de videoconferencia, o Alcalde do municipio lugués de Becerreá Manuel
Martínez Núñez. No curso desta inauguración os dous Concellos,A Cañiza e Becerreá, irmandáronse dixitalmente a través desta videoconferencia.
Para poder entrar a formar parte desta rede de telecentros o Concello da Cañiza acondicionou unha parte da planta alta do edificio da Casa Cultural. Esta instalación conta cun espazo de 100 m2 e está dotado de 21 ordenadores, con impresoras,equipos de videoconferencia,material audiovisual,pantallas de proxección e de plasma e sistemas de control.
Neste espazo, os veciños da Cañiza, colectivos e asociacións poderán asistir a cursos formativos e relatorios, teleformación, acceso a internet, visionado de audiovisuais, etc.
Nesta instalación tamén se celebrarán roldas de prensa, videoconferencias/ multivideoconferencias e reunións de traballo.
Ademais poderase editar e crear material multimedia e audiovisual. Ademais, neste telecentro ofrecerase aos veciños unha ampla oferta multimedia e audiovisual coa realización de programas formativos, que se impartirán coincidindo co período do curso académico. Os programas formativos serán de 30 horas. Impartiranse cursos de deseño gráfico, deseño de web, vídeo e imaxe dixital, cursos sobre a Blogosfera, vídeos en internet, software libre para xerar contidos multimedia e contidos interactivos para DVB: MHP. Arede de telecentros de comunicación pretende ser un espazo aberto de comunicación entre os Concellos e os cidadáns.
Entre os seus obxectivos está familiarizar aos veciños cos novas canles e soportes audiovisuais e de comunicación,
permitir o acceso público a internet, alfabetizar dixitalmente aos grupos máis apartados do das novas tecnoloxías e
mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia.

Entry filed under: A cañiza.

O Centro Comarcal Paradanta acolle a exposición fotográfica ‘Retratos no lecer’ A Deputación inviste 1,3 millóns de euros en Crecente

Deixar un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds