A Deputación inviste 1,3 millóns de euros en Crecente

19/02/2009 at 23:14 Deixar un comentario

O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acudiu ó concello de Crecente para asinar co Alcalde, Julio César García Luengo, dous convenios para mellorar a seguridade vial e dotar de servizos o antigo acceso a Crecente da estrada provincial 5005 e para remodelar o pavillón polideportivo do municipio, nunha actuación que suporá un investimento total de 1.363.497 euros, dos que a Deputación achegará 1.288.192 euros e o Concello a parte restante.
As obras de mellora do antigo acceso da E.P. 5005 de acceso a Crecente, que supoñen un investimento total de 753.054 euros, serán financiados con 677.749 euros que achegará a institución provincial e por 75.305 euros que aporta o concello local. Estas cantidades divídense en tres anualidades.
Esta actuación, para a que se estima un prazo de execución de catorce meses, servirá para dar arranxo á estrada provincial, non só mediante a dotación de servizos básicos, senón tamén mellorando a seguridade vial.
Pavillón polideportivo Por outra banda, Louzán e García Luengo asinaron tamén o acordo de remodelación e renovación do pavillón polideportivo de Crecente, que suporá un investimento total de 610.443 euros, dos que a Deputación achegará 549.399 euros, por 61.044 euros do concello.
As obras, financiadas en dúas anualidades, implicarán a derriba da instalación actual, situada no entorno do colexio, para substituíla por un edificio completamente novo e adaptado ás demandas actuais dos deportistas e usuarios,
xa que a antiga infraestrutura non reunía as condicións necesarias para a práctica deportiva.
O Alcalde salientou que “a construción dun pavillón polideportivo en condicións óptimas era unha demanda prioritaria do municipio e que o Concello levaba anos solicitando a implicación da Xunta no proxecto pero sempre obtivo unha resposta negativa”.

Entry filed under: Crecente.

A Cañiza pasou a formar parte da Rede de Telecentros de Comunicación O PSOE da Cañiza anuncia unha inhabilitación sobre a escola infantil municipal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: