O BNG das Neves esixe a Sanidade que todos os enfermos podan recibir o Sintrom no centro de saúde local

19/02/2009 at 23:31 Deixar un comentario

O BNG das Neves ven de solicitar unha entrevista coa Delegada Provincial de Sanidade para reclamarlle que as persoas enfermas que necesitan o sintrom sexan atendidas na súa totalidade no Centro de Saude nevense.
Consideran os nacionalistas “inadmisible o que está a suceder na actualidade de feito que só unha das tres persoas que compoñen o cadro médico administra o medicamento. Ademáis, coincide que esta persoa é a que menos cartillas ten polo que a maioría (aproximadamente unhas sesenta persoas) teñen que acudir ao Meixoeiro”.
Segundo o BNG esta situación provoca ademáis dunha incomodidade e custo persoal para as persoas doentes, un gasto público innecesario, xa que prácticamente a metade das persoas afectadas teñen algún grao de dependencia e deben ser trasladadas en ambulancia.
“É urxente pois acadar unha solución a este problema e a iniciativa ten que partir da autoridade sanitaria, consensuando co equipo médico a cobertura para a totalidade das persoas que necesitan deste tratamento ou ben tomando outras medidas alternativas”.

Entry filed under: As Neves.

Medio Rural inviste 100.000 euros no saneamento do Casal-Ferreiros en Salvaterra Mondariz recibe 941.578 euros do Fondo Estatal de Investimento

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: