O PSOE da Cañiza anuncia unha inhabilitación sobre a escola infantil municipal

19/02/2009 at 23:19 Deixar un comentario

O PSdeG-PSOE de A Cañiza informa da inhabilitación que recae sobre a nova Escola Infantil local debido a que o informe de viabilidade non é favorable dende 2008, dado que o edificio presenta numerosas irregularidades
técnicas legais que poden representar un perigo para os cativos.
Segundo o PSOE o proxecto da Gardería Infantil foi aprobado no ano 2005 a través dun convenio con Vicepresidencia.
Consta dun presuposto inicial de adxudicación de 437.393,54 euros dos que a Xunta de Galicia puxo 364.000,00 euros e a execución da obra correu por parte do Concello de A Cañiza.
“No momento de presentarse o proxecto de execución, dende Vicepresidencia emitiron unha serie de correccións ao proxecto inicial. Actualmente, a escola carece de permiso de inicio de actividades”.
Engaden os socialistas que a escola non cumpre co especificado nos RD 143/2007 polo que se regula o Réxime de Autorización e Acreditación de Centros de Servizos Sociais e o RD 329/2005 polo que se regulan os Centros de Menores e os Centros de Atención á Primeira Infancia.
“Segundo o informe técnico de viabilidade, o edificio presenta, entre outras, as seguintes deficiencias: as aulas carecen de detectores de fumes, sinalización e protección contra incendios,tamén carece dun plano de evacuación en caso de emerxencia e o peche do patio exterior debe estar formado por elementos que non permitan atrapamentos,
e non deben enganchar ou lastimar”.
Así mesmo, engaden dende o PSdeG-PSOE que existen deficiencias no acristalamento e que os inodoros deben estar separados das aulas, cunha xanela para poder observar en todo o momento aos cativos.
Ao parecer tampouco son aceptables as condicións de accesibilidade nin as pezas dos aseos, tampouco a pintura nin os radiadores son os axeitados.
“ O alcalde argumenta que os materiais non podían ser de calidade posto que había que xestionar os cartos da Xunta de maneira que deran para outras cousas.
O PSdeG-PSOE considera neglixente a actuación do Concello e do Alcalde”.

Entry filed under: A cañiza.

A Deputación inviste 1,3 millóns de euros en Crecente 36,6m/€ para urbanizar a PLISAN e dotala de infraestructuras

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: