Juan Amaro do Club do Mar e Andra Fernández do CB As Neves gañan o II Trofeo Búscase Campión nas Neves

27/02/2009 at 06:36 Deixar un comentario

Este domingo celebrouse nas Neves o II Trofeo Búscase Campión Sub-17 e Sub-13 (antigos campionato galegos), organizado polo Club Bádminton As Neves e a Federación Galega de Bádminton e que conto co patrocinio do Concello das Neves, a Consellería de Cultura e Deporte, a Deputación de Pontevedra, Forxados Irmáns Durán e a colaboración de Maquinaria Lano, Cerámicas do Miño, Adegas Couto Redondo, Hotel Montesol, Abril Publicidade, Tenda Punto de Partido, Albergaria Boavista, Augas de Mondariz e Caixanova.

Un total de 100 xogadores galegos representando aos clubs Club do Mar de San Amaro de A Coruña, CB Outes, Club Athlos e AD Bosco de Ourense, CB A Estrada, CB Os Salgueiros de Pontevedra, CB O Draque e CB Rachaplumas de Vigo e o anfitrión CB As Neves tomaron parte nesta proba clasificatoria para os campionatos de España Sub-17 e Sub-13 que se van disputar en Vegadeo (Asturias) e Burgillos (Sevilla).
A competición que se disputou no Pavillón Municipal das Neves con inicio ás 10:00 para xogar ata as 20:00 horas ininterrompidamente e a disputa dun total de 180 partidos.

Na categoría sub-17 Andrea Fernández do CB As Neves foi a triunfadora ao alzarse con dous títulos mentres o resto de títulos foi repartido.
Este foi o cadro de honor da proba:
Individual Masculino:
1.- Juan Amaro (Club do Mar), 2.- Javier González (CB Os Salgueiros)
3.- David Mayo (CB Outes) e Javier Sanpedro (Club do Mar)
Individual Feminino:
1.- Andrea Fernández (CB As Neves), 2.- Angela Soto (CB As Neves)
3.- Leticia Rodríguez (CB As Neves) e Andrea Gutiérrez (Club do Mar)
Dobres Masculino:
1.- Diego Otero/Jesús Pereiro (CB A Estrada), 2.- Brais Alvés/José Manuel Pintos (CB As Neves)
3.- Alfonso Mayo/David Mayo (CB Outes) e Miguel López/Francisco Nine (Rachaplumas/Outes)
Dobres Feminino:
1.- Andrea Fernández/Angela Soto (CB As Neves), Nerea Alvés/Leticia Rodríguez (CB As Neves),
3.- Erika Alvarez/Marta Sánchez (CB As Neves) e Nerea Gestoso/Ana Reino (CB A Estrada)
Dobres Mixtos:
1.- Andrea Gutiérrez/Javier González (C.Mar/Salgueiros), 2.- Marta Forte/Juan Amaro (Salgueiros/C.Mar)
3.- Nerea López/Francisco Pais (CB A Estrada) e Nerea Gestoso/Carlos Nine (Estrada/Outes)
Na categoría sub-13 Pablo Sanmartin e Xoel Liñares con dous triunfos foron os xogadores destacados. O CB A Estrada con tres triunfos foi o gañador nesta categoría.
Este foi o cadro de honor da proba:
Individual Masculino:
1.- Pablo Sanmartin (CB A Esrada), 2.- Alejandro Nogueira (CB A Estrada)
3.- Brais Vila (CB Rachaplumas) e Fabian Penas (CB A Estrada)
Individual Feminino:
1.- Alba Blanco (CB As Neves), 2.- Carla Mouriño (CB Rachaplumas)
3.- Sara Ezquerro (Club Ayhlos) e María Alonso (CB As Neves)
Dobres Masculino:
1.- Pablo Sanmartin/Xoel Liñares (CB A Estrada), 2.- Fabian Penas/Alejandro Nogueira (CB A Estrada)
3.- Manuel Brea/Eduardo Silva (CB A Estrada) e Emilio Andujar/Iván Darriba (CB A Estrada)
Dobres Feminino:
1.- Sara Ezquerro/Sara Galicia (Club Athlos), 2.- Carla Mouriño/Laura Valverde (CB Rachaplumas)
3.- María Alvarez/Mª dos Angeles Meira (CB As Neves) e Alba Blanco/Maria Alonso (CB As Neves)
Dobres Mixtos:
1.- Laura Rosende/Xoel Liñares (CB A Estrada), 2.- Eva Murio/Brais Vila (CB Rachaplumas)
3.- Sara Vázquez/Xalo Rancaño (Club do Mar) e Maria González/Martin Argibay (CB Os Salgueiros)

Entry filed under: As Neves.

O BNG de Arbo lamenta que a concellería de Cultura non organice un acto de homenaxe co gallo do bicentenario da loita entre arbenses e milicias francesas na Ponte de Mourentán Científicos galegos respaldan a declaración de personalidades e organizacións da sociedade civil sobre as aplicacións da biotecnoloxía

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: