O concello de Ponteareas iniciou os trámites para a adxudicación das obras do centro cultural de Arcos

08/03/2009 at 22:52 Deixar un comentario

O Goberno Local de Ponteareas, segundo acordo adoptado pola Xunta de Goberno, aprobou os pregos que rexen o procedemento negociado sen publicidade da adxudicación das obras de construción dun Centro Cultural para a parroquia de Arcos. Nesta obra, e a través dos Fondos Estatais de Investimento Local que lle corresponden ao concello ponteareán, investiranse un total de 150.000 €.
O que será o Centro Cultural de Arcos, contará con dúas plantas e unha superficie de 1.048 metros cadrados. As obras, que se iniciarán en breve de cara a que esta infraestrutura cultural estea operativa no máis breve espazo de tempo posible, inclúen as labores de movemento de terras e escavación para realizar a cimentación, con zapatas corridas e illadas e muros de formigón para a contención de terras no semi soto.
O proxecto contempla tamén a realización das correspondentes obras de saneamento coa construción das canalizacións precisas para a evacuación das augas residuais e pluviais. A cantería do edificio será realizada a base de granito.
A construción deste novo Centro Cultural supón, segundo o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, “un novo paso no programa que dende hai tempo xa, desenvolve o Goberno Local de cara a que todas as parroquias poidan contar cunhas infraestruturas dignas onde desenvolver actividades sociais, culturais e veciñais”. Engadiu González Solla que “da importancia que este programa ten para o Goberno que presido, fala o feito de que, ata o de agora, se leven investidos preto de dous millóns de euros en dotación de infraestruturas culturais nas parroquias”.

Entry filed under: Ponteareas.

Ponteareas inicia o expediente de contratación das obras de alumeado de doce parroquias Inícianse os trámites para a adxudicación das obras do Centro Cultural de Bugarín

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: