O Presidente da Asociación de Afectados da PLISAN estuda cos seus avogados emprender accións legais contra os nacionalistas de Salvaterra ‘por violar o seu deretio ó honor e a súa propia imaxe’

08/03/2009 at 23:16 Deixar un comentario

Alejandro Rodríguez, presidente da Asociación de Afectados pola PLISAN, acusou ó BNG de Salvaterra, liderado por Gabriel Martínez, de practicar o “terrorismo verbal”, despois de que os nacionalisas afirmaran –sen fundamentos- que ocultou información ós asociados sobre a situación do convenio para o pago dos recursos mineiros. Rodríguez xa anunciou tamén que remitirá ós seus avogados toda a información relativa ó caso con fin de levar adiante unha denuncia polo que considera unha violación flagrante do seu dereito ó honor e a propia imaxe.  

Os feitos remóntanse á visita realizada por Teresa Táboas a Salvaterra, o pasado día 15, data na que os afectados protagonizaron unha “cacerolada” para esixir a firma do convenio e o pago dos recursos mineiros. Dende o BNG afirmaron que Rodríguez ocultou a existencia dun convenio ós asistentes para que participaran na protesta, buscando intereses políticos e empresariais.

Ante estas afirmacións, o Presidente da Asociación de Afectados quere deixar claro que nas diferentes asambleas celebradas acordouse manter as movilizacións e os actos de protesta ata que non estivera asinado o convenio. Dase a circunstancia, aclara Rodríguez, que o día 13 chegou unha comunicación de Xestur Pontevedra na que se aceptaba o pagamento dos recursos nun so prazo e –cita textual- “de conformidade co convenio que proximamente se asinará ao respecto”. Por tanto, engade Alejandro, aínda non se daban as condicións para deter os actos de protesta.

Segundo Alejandro Rodríguez a aceptación das condicións do convenio tivo lugar o pasado día 19 –catro días despois do acto electoral en Salvaterra-, coa sinatura dun preacordo. Hoxe, precisamente, puntualiza Rodríguez, vai  documento ó Consello da Xunta, para a súa aprobación e posterior sinatura do acordo definitivo de aceptación do convenio. Cumprindo co acordado, o presidente dos Afectados xa anunciou ós asociados a sinatura, e, polo tanto, a desconvocatoria de calquera acto de protesta.

 

Intereses dos afectados
Alejandro Rodríguez quere deixar claro que o principal e único interese da Asociación é defender os intereses dos afectados -entre os que se atopan persoas de tódalas tendencias políticas-, pero sen mentiras nen manipulacións. É o BNG o que politiza a cuestión e falta á verdade, asegura Rodríguez, retando ós nacionalistas a que dean un paso máis no seu “terrorismo verbal”, amosando as “armas de destrucción masiva”, é dicir, as probas de que se enganou ós asociados. Nós, apuntilla Alejandro, “estaremos encantados de amosarlles toda a documentación necesaria, ante as “carencias informativas” que parecen ter no seo do seu partido”.

Por outra banda, Rodríguez critica que agora se pretenda dar unha imaxe de asociación politizada, mentres que hai poucos meses non era así. “Sería porque o Tesoreiro da Asociación era Daniel Tienda (Portavoz do BNG en As Neves) e a Secretaria Mónica Velasco (ex Concelleira en As Neves), se pregunta Rodríguez, engadindo que foron destituidos dos citados postos por non ter a valentía de enforntarse ó seu partido en defensa dos lexítimos intereses dos veciños. O Presidente da Asociación remata afirmando que en política tamén é necesario a honradez e a integridade, aínda que doa, ó tempo que afirma que nestes anos de loita sempre fun coa verdade por diante, sen casarme con ninguén nin paseando con empresarios en iate”.

Entry filed under: Salvaterra.

Comezan as obras da primeira fonte luminosa de Ponteareas O BNG de Mondariz presenta unha queixa ante o valedor do pobo pola modificación do regulamento da gardería

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: