O PSOE da Cañiza cuestiona a actitude do alcalde en relación ao caso do cámping de Maceira, en Covelo

08/03/2009 at 23:05 Deixar un comentario

A executiva do PSdeG-PSOE de A Cañiza quere pronunciarse ante o sucedido nos xulgados de Ponteareas, onde foi chamado o Alcalde de A Cañiza, César Mera, a declarar como imputado nun “posible” fraude relacionado co uso de fondos da Unión Europea do programa LEADER II no camping de Maceira, no Concello de Covelo.
“Neste momento existe un proceso xudicial en marcha no que se apuntan posibles imputacións dos Alcaldes de A Cañiza e Covelo, e outros membros do Partido Popular. O fiscal podera solicitar unha pena de catro años de cárcere para os alcaldes de A Cañiza e Covelo, César Mera e José Costas respectivamente, por certificacións de obra inexistente”.
A denuncia foi feita polo grupo socialista local de Covelo, e de maneira institucional pola Xunta de Galicia ante a Fiscalía, pola xestora dos fondos,  AGADER, organismo encargado de supervisar a aplicación dos mesmos.
“Dende o punto de vista político e respectando sempre o proceso xudicial instruído a instancia da Fiscalía, consideramos que César Mera é politicamente culpable das neglixencias acometidas no uso de estes fondos públicos europeos, manifestando na súa defensa como que “que el limitábase a firmar” cando estaba ao fronte do Grupo de Acción Local Mancomunidade Paradanta Leader II, como máximo responsable”.
Ademais os socialistas da Cañiza engaden que se trata “dunha actuación presuntamente delitiva, consideramos que o Alcalde de A Cañiza, César Mera, é un covarde porque nestes casos sempre lle bota a culpa aos técnicos das posibles corruptelas dos políticos”.
Por último, lembran “que non é a primeira vez que César Mera está presuntamente implicando en fraudes relacionados co uso de fondos europeos como responsable do Grupo de Acción Local do Leader”, conclúe Saba González Lorenzo, voceira comisión executiva municipal.

Entry filed under: A cañiza.

Inícianse os trámites para a adxudicación das obras do Centro Cultural de Bugarín Comezan as obras da primeira fonte luminosa de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: