Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán 2009 que organiza a Xunta

14/03/2009 at 19:57 Deixar un comentario

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ponteareas dependente da Concellería de Xuventude anuncia que  ata o vindeiro 24 marzo esta aberto o prazo para inscribirse nos Campamentos de Verán 2009 que organiza a Xunta de Galicia.
Os campamentos de Verán contan todos os anos, coa participación de un grande número de rapaces e rapazas de Ponteareas que, deste xeito, teñen a oportunidade de coñecer outros lugares e facer novas amizades.
Cada un dos campamentos ofertados, ten un nome xenérico que fala das actividades que se desenvolven nel, como e o caso de: Campamento de teatro, Xogando nom encoro. A nosa primeira aventura, Unha viaxe a través do tempo, Multiaventura nos Chacotes, Aventura e deporte, Portugaliza, entre outros moitos. En todo caso, cada campamento supón, para os participantes, unha oportunidade para gozar dunha auténtica aventura. Os prezos varían en función do campamento elexido, oscilando entre os maís baratos os seguintes: A miña primeira aventura, e Aventura na natureza con un prezo de 82 €. Os campamentos máis caros alcanzan un custe de  188 € entre os que destacan: Actividades no mar: vela, táboa, wake board e aula de natureza mariña. O mesmo que cos prezos, sucede coas idades, xa que dependendo das actividades a desenvolver, se esixe unha idade mínima.
Cómpre salientar cos membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%. Asi mesmo os usuarios do Carné Xove gozarán dun desconto do 25%.
As diferentes actividades que integran esta oferta xeral levaranse a cabo tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de España (Álava, Aragón, Cantabria, Extremadura, Castilla y León, Murcia e Navarra) en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración os meses de xullo e agosto.
Esta Campaña de Verán 2009 vai dirixida a nenos e mozos de idades comprendidas entre os 9 e s 17 anos.
O prazo de entrega de solicitudes remata o día 23 de marzo para aqueles que opten por entregar as solicitudes na OMIX  de Ponteareas. Para aqueles que prefiran entregalas en calquera das delegacións de Vicepresidencia de Igualdade e Benestar ou no Concello de Ponteareas remata o 24 de marzo. Para solicitar máis información os interesados poden dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas situada na Biblioteca Municipal da rúa A Perillana ou chamar ao teléfono 986 660 765

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra.

Inauguración do campo de herba artificial de Augas Férreas na Cañiza O BNG de Ponteareas lamenta que o PP non apoiara a súa iniciativa de mellorar as instalacións do colexio Feliciano Barrera de Guláns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: