O BNG agarda que a Xunta manteña os compromisos con Ponteareas

14/03/2009 at 20:20 Deixar un comentario

O BNG de Ponteaeas amosou a sua preocupación polas distintas manifestacións que nestes días está a realizar o Partido Popular, no sentido de pechar, anular, privatizar, etc. distintos investimentos ou actuacións postas en marcha pola Xunta de Galiza nos últimos tres anos e medio. “Esperamos que só sexa palabrería electoral, que non teñan en mente botar abaixo iniciativas coma o plan de vivenda protexida, posto en marcha pola Conselleria de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, plan que en Ponteareas prevé investir máis de 6 millóns de euros”.

Outra das actuacións que os nacionalistas esperan que non sufra ningún retraso, por parte do novo goberno, é o Parque Empresarial “Val do Tea”, Bolívar González, Portavoz municipal do BNG, reseñou que “Grazas a labor do BNG no Goberno Galego, o Parque Empresarial de Ponteareas está agora a exposición pública e será unha realidade sin esperar polo Plan de Ordenación municipal que o PP é incapaz de facer”.

“Se o parque empresarial dependera do alcalde e do concello aínda estaríamos nestes momentos esperando polo plan urbanístico para poder facer o polígono”, afirmou Bolívar González.

O BNG agarda que o goberno do Partido Popular na Xunta continue coas iniciativas postas en marcha en Ponteareas coma, o compromiso coa Fundación Rogelio Groba de facilitarlle un local onde se ubicará a sua sede ou a disposición amosada cos veciños de Xinzo para crear unha galescola e un centro de día. Os nacionalistas tamén esperan que se manteña o nivel de investimentos destes tres anos e medio en áreas como Medio Rural.

Os nacionalistas aseguran que “xa non se sorprenden das manifestacións que nestes días ten realizado o alcalde de Ponteareas Salvador G. Solla, nas que só se preocupa por ver o que non fan os demáis cando en cambio él non fai o que lle corresponde como Alcalde. Non é serio para Ponteareas contar cun Alcalde que só sabe pedir que lle fagan o que é incapaz e é da súa responsablidade. Solla debe pensar que dende a nova Xunta van actuar como lle fixo Louzán dende a Deputación, só pode pensar así alguén que non fixo absolutamente nada nos 5 anos que leva de alcalde”.

Entry filed under: Ponteareas.

Os veciños de Mondariz e Salvaterra gozarán dos servizo de transporte TES+BUS O concello de Ponteareas remitíu á Xunta de Galicia a avaliación ambiental estratéxica do PXOm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: