O BNG de Ponteareas lamenta que o PP non apoiara a súa iniciativa de mellorar as instalacións do colexio Feliciano Barrera de Guláns

14/03/2009 at 20:01 Deixar un comentario

O Bloque Nacionalista Galego de Ponteareas aseguera que no pleno extraordinario do pasado xoves, o PP negouse a apoiar a iniciativa nacionalista que instaba ao goberno municipal a reparar e mellorar as instalacións do colexio “Feliciano Barrera” de Guláns, a pesares de transcurrir, segundo o BNG, xa máis da metade do curso nunhas condicións de “precariedade e desidia absoluta”.
O BNG lamenta que o goberno municipal do Partido Popular non considere prioritario realizar de inmediato unha obras que debían estar feitas xa no mes de setembro, antes do inicio do actual curso escolar, para que os nenos poideran dispoñer dunhas instalacións educativas dignas, tanto no edificio como no patio do centro, “instalacións que se teñen deteriorado nos últimos anos sin que por parte do Concello, que é responsable do mantemento dos centro de ensino, se puxera remedio”.
Detallan os nacionalistas que o PP votou en contra da proposta do BNG e non asumiu a urxencia desta actuación a pesares de recoñecer, segundo éstes, por parte do concelleiro de ensino Sr. González Carrera, a necesidade destas actuacións. “Esperamos que o goberno municipal recapacite e faga de inmediato as obras pois os investimentos para mellorar as condicións dos centros de ensino son prioritarios”, declarou Bolívar González, portavoz municipal do BNG.

Entry filed under: Ponteareas.

Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán 2009 que organiza a Xunta O pleno de Ponteareas aproba por unanimidade o anteproxecto do aparcadoiro soterrado

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: