Os alumnos de 5º de primaria de Ponteareas coñecerán a figura de Fermín Bouza Brey

14/03/2009 at 20:10 Deixar un comentario

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, quere pór en marcha un proxecto plurianual para dar a coñecer entre o alumnado a figura do insigne escritor ponteareán Fermín Bouza-Brey así como afondar na relación entre este e o seu lugar de nacemento.
Esta actividade de difusión do escritor e da lingua galega no sector infantil levarase a cabo durante o mes de marzo e irá dirixida cada ano a difundir o escritor entre os/as alumnos/as dun curso en concreto desde unha perspectiva educativa que terá en conta a idade dos escolares aos que vai dirixida. O encontro cos escolares levarase a cabo desde o16 de marzo ata o día 31, data do nacemento do escritor, e terá como destinatario o alumnado de 5º de Primaria de todos os colexios de Ponteareas.

Entry filed under: Ponteareas.

Corenta aniversario do CEIP Nosa Sra. dos Remedios de Ponteareas Os comuneiros de Arcos e Ponteareas investirán preto de 100.000 euros na Picaraña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: