Os comuneiros de Arcos e Ponteareas investirán preto de 100.000 euros na Picaraña

14/03/2009 at 20:11 Deixar un comentario

As Comunidades de Montes de Arcos e Ponteareas investirán nos vindeiros meses 100.000 euros na execución de varios proxectos de valorización do monte da Picaraña para destinalo ao ocio natural e deportivo. Estas actuacións contan co financiamento da Consellaría do Medio Rural a través do AGADER, segundo informaron Eladio Iglesias e María Xesús Rodríguez, presidentes respectivamente das Comunidades de Montes de Arcos e Ponteareas.
Entre as actuacións que se van levar a cabo destacan a mellora do regato que atravesa a vertente suroeste até Canedo, coa limpeza do sendeiro paralelo ao mesmo e plantación de frondosas. Este circuito terá o inicio e o final na Tol dos Frades. Os que fagan este novo roteiro poderán conectar se queren co dos Penedos de Arcos, recentemente inaugurado, e que agora vai contar con sinalización homologada pola Federación Galega de Montañismo.
Ademais dos roteiros de sendeirismo, crearase un circuito de descenso en mountain bike e dous circuitos de aparatos ximnásticos biosaudábeis, un nas Chans da Picaraña e outra na Serra en Arcos.
Tamén na zona das Chans mellorarase o merendeiro e arranxarase a fonte, o mesmo que no cumio do monte, onde os comuneiros de Arcos colocarán mesas de pedra e crearán  novos miradores.
A execución dos proxectos comezarán proximamente e únense aos traballos de mellora do monte da Picaraña desenvolvidos nos últimos anos, nos que se actuou en máis de 100 hectareas con podas, rozas e rareos, que teñen mudado por completo a paisaxe dun dos montes máis emblemáticos de Ponteareas.
Eladio Iglesias e María Xesús Rodríguez animaron aos veciños e veciñas de Ponteareas a coñecer e redescubrir A Picaraña visitando o monte e disfrutando das novas posibilidades de ocio que vai ofrecer nun futuro inmediato.

Día da Árbore

Sabedores da importancia da educación na mellora e defensa do noso monte, a C.M. de Ponteareas colabora con varios colexios na celebración do Día da Árbore. Esta semana subirán os alumnos de “La Inmaculada” e do colexio Fermín Bouza Brey. Apoiados polo Distrito Forestal XVII do Condado Paradanta, pais, alumnos e profesores contribuirán a reforestar a zona de “As Chans”, seguindo cos traballos realizados en anos anteriores dentro do programa “Voz Natura”. Os comuneiros celebrarán o Día da Árbore o vindeiro domingo 15 de marzo e animan a todos os veciños a colaborar nesta actividade.
.

Entry filed under: Ponteareas.

Os alumnos de 5º de primaria de Ponteareas coñecerán a figura de Fermín Bouza Brey Conta atrás para a entrega dos premios “Cumbres do Suído” no Castelo do Sobroso

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: