A Asociación para a Defensa do Patrimonio Inmaterial ‘Bagaña da Remelisca’ convoca a súa asemblea anual

21/03/2009 at 21:34 Deixar un comentario

O presidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Inmaterial “Bagaña da Remelisca”, Manrique Fernández, convoca a todas as socias e socios da asociación cultural á asemblea anual ordinaria que se celebrará o vindeiro venres día 27 de marzo de 2009. A cita será no salón da biblioteca municipal de Ponteareas ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda.
Entre os puntos da orde do día están a admisión de novos socios, o informe de xestión da asociación do exercizo 2008 e a aprobación do estado de contas.
Ademais, tratarase o proxecto de actividades para o ano 2009 e estudarase a proposta de orzamento para o exercizo do 2009. Nestes orzamentos incluirase a proposta de realizar unha edición da revista oral “Fiar o tempo” en Portugal.
O presidente de “Bagaña da Remelisca” agarda a asistencia de todos os asociados.

Entry filed under: Ponteareas.

Os transxénicos a debate As obras de mellora do alumeado público de Cumiar, San Lourenzo de Oliveira e Xinzo, en Ponteareas, acadan un investimento de 62.088 euros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: