A Deputación achegará este ano aos balnearios da provincia a 4.000 maiores de cincuenta anos

21/03/2009 at 21:21 Deixar un comentario

A Deputación Provincial de Pontevedra aprobou hoxe a adxudicación provisional da xestión e organización do Programa Diurno de Balnearios para o ano 2009, que ofertará un total de 4.000 prazas para maiores de 50 anos, repartidas en dúas campañas –2.000 en primavera e 2.000 en outono– e para o que se destinará unha dotación orzamentaria 200.000 euros.

O Programa Diurno de Balnearios ten por obxecto proporcionar ás persoas a partires dos 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida e maila súa saúde.

A vicepresidenta provincial, Teresa Pedrosa, explicou que “debido a que as expectativas do ano pasado se viron desbordadas Como novidade deste ano, a vicepresidenta salientou “a incorporación ó programa do Thalaso Atlántico de Oia, que únese, deste xeito, ós Balnearios de Mondariz, A Toxa e Cuntis”.

Os beneficiarios serán recollidos nos puntos de saída sinalados por un autobús que os volverá traer de volta ós seus domicilios unha vez rematada a estanza de dúas horas no balneario escollido, desfrutando das instalacións contempladas no programa.

A iniciativa permitirá que os beneficiarios da mesma poidan pasar cinco tardes ou mañás seguidas –de luns a venres– nun balneario da nosa provincia, establecéndose para o desenvolvemento do programa dúas campañas: A de Primavera, que terá lugar durante os meses de Abril, Maio e Xuño, e a de Outouno, nos meses de Setembro, Outubro e Novembro.

A dotación orzamentaria para este programa social nesta anualidade 2009 será de 200.000 euros, sendo a achega da Deputación de 52 euros por praza, a dos Concellos que se adhiran o programa, 32 euros, e a cantidade restante a aportarán os usuarios, que será dun máximo de 56 euros, en caso de non estar os seus concellos adscritos ó programa, e de entre 6 e 29 euros no caso de participar no plan de balnearios.

Neste sentido, Pedrosa aclarou que “estes prezos sufrirán rebaixas considerables posto que nos propios pregos de contrato especifícase que se hai baixa por parte da empresa aplicarase ó beneficiario, polo cal, como hai unha baixa bastante notable, os prezos para o usuario veranse moi reducidos, como por exemplo no Thalaso de Oia, onde só custará 6 euros a asistencia durante cinco días consecutivos, cos respectivos viaxes pagos, merendas e o correspondente material gratuíto: chanclas, gorro, toalla, ademais doutras vantaxes, como reducións en tratamentos específicos no balneario de Cuntis, ou tarifas especiais no aluguer de albornoces”.

O pasado ano participaron neste programa 3.923 persoas que tiveron a oportunidade de realizar estanzas de cinco tardes ou mañás nos balnearios da Toxa, Mondariz ou Cuntis, onde puideron desfrutar das actividades deste tipo de centros como son as diferentes piscinas, os servizos de masaxe, os jacuzzis ou as saunas.

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra.

A asociación de veciños ‘Piñeiro Manso’ de Celeiros presenta a II Xuntanza Cabalar Adxudicadas as obras de mellora do alumeado público de Nogueira e Santiago de Oliveira, en Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: