Adxudicadas as obras de mellora do alumeado público de Nogueira e Santiago de Oliveira, en Ponteareas

21/03/2009 at 21:25 Deixar un comentario

A Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas ven de aprobar o gasto e a adxudicación segundo o proxecto presentado, das obras de instalación de alumeado público en distintos puntos das parroquias de Nogueira e Santiago de Oliveira.
As obras foron incluídas polo Grupo de Goberno dentro das actuacións a realizar coa achega que, dentro do programa de Fondos Estatais de Investimento Local, lle correspondía ao concello ponteareán.
As obras de mellora do alumeado público de Nogueira e Santiago de Oliveira suporán un investimento de 93.930,00 €.e permitirán reforzar o alumeado público en distintos barrios destas dúas parroquias de Ponteareas.
Coas distintas obras de mellora e potenciación do alumeado público que realiza o Concello de Ponteareas búscase a optimización do servizo e da eficiencia enerxética, con sistemas que reduzan tanto o consumo como a contaminación lumínica..
“Dentro das actuacións a realizar cos Fondos Estatais de Investimento Local, inclúanse unha ducia de obras de mellora deste tipo en distintas parroquias do municipio”, explicou Salvador González Solla.

Entry filed under: Ponteareas.

A Deputación achegará este ano aos balnearios da provincia a 4.000 maiores de cincuenta anos Os transxénicos a debate

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: